_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
URBANISMO
Eptisa confirma ao alcalde a súa disposición a continuar coa redacción do Plan Xeral

A consultora Eptisa, contratada hai xa oito anos para a revisión do Plan Xeral de Ordenación Urbana, confirmou por escrito ao alcalde, Alberto Varela, a súa disposición a rematar os traballos, que polo de agora non chegaron nin á aprobación inicial. A comunicación escrita chegou despois do requirimento de Varela aos novos xestores de Eptisa, o grupo de enxeñería chinés JSTI, que en setembro adquiriu a consultora española para iniciar a súa expansión internacional pero en decembro puxo en marcha un ERE. Como se sabe, esa decisión deixou no aire a continuidade dos traballos de redaccións dos plans urbanísticos de ata dezasete concellos galegos, entre eles Vilagarcía de Arousa.
28.01.2017. No seu comunicado, os novos xestores de Eptisa confirman a súa disponibilidade para continuar cos traballos, garantindo con iso o mantemento dun equipo multidisciplinar (arquitectos, enxeñeiros, economistas, arqueólogos...) tal e como estaba previsto no contrato de 2008. Sen embargo, e antes de tomar unha decisión definitiva, o alcalde quere manter unha entrevista co xerente de Eptisa e os técnicos da firma que ata agora viñan realizando a revisión do plan. Alberto Varela quere recibir aclaracións sobre ese compromiso e obter así as máximas garantías en canto a equipo e prazos.

A reunión se celebrará a mediados da vindeira semana en Vilagarcía. En principio, a intención do goberno é continuar co contrato con Eptisa pero sempre que se manteñan os prazos e os ritmos de traballo aos que se tiña comprometido a empresa co actual goberno. En caso contrario, o concello se plantearía a rescisión do acordo, previo á contratación dunha nova consultora. “O que debe quedar claro é que xa houbo suficientes atrasos, especialmente durante a etapa do goberno do Partido Popular, e Vilagarcía precisa ter canto antes o documento que defina a súa estratexia de aquí ás vindeiras dúas décadas”.

Como se recordará, o pasado 22 de decembro o equipo de Varela convocara aos demais grupos da corporación para, con asistencia dos técnicos municipais e de Eptisa, presentar o documento de avance do Plan. Sen embargo, os responsables da consultora non acudiron despois de que o día anterior se producira o despedimento dunha das arquitectas que participaba na redacción do Plan como consecuencia da aplicación do ERE promovido por JSTI. A continuidade dos traballos esixe diversos informes sectoriais, a súa aplicación -de ser o caso- ao documento de avance e, unha vez aprobado inicialmente polo pleno, o informe de todas e cada unha das alegacións que poidan presentar os veciños de Vilagarcía, e iso esixe un equipo externo ao concello.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -