_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
A Fundación incrementa un 50% as subvencións para a organización de eventos deportivos extraordinarios

O Consello Reitor da Fundación Municipal de Deportes aprobou o xoves os orzamentos para o ano 2017. Seguindo a liña xa iniciada no primeiro ano de mandato, o organismo que preside Argimiro Serén, volve a incrementar a partida para subvencionar a organización de eventos e torneos deportivos extraordinarios, para o que este ano se disporán de 30.000 euros. O Consello Tamén aprobou as bases que rexerán a convocatoria destas axudas, así como as do deporte federado.
21.01.2017.- Por segundo ano consecutivo, a Fundación de Deportes incrementa os fondos para axudar a clubs e entidades na organización de torneos e eventos deportivos de carácter extraordinario como poden ser a Vilagarcía Basket Cup, o Torneo Internacional de Fútbol 7, o EncestaRías, o Memorial Miguel Ángel González ou a Arousa Cup, por poñer un exemplo. Si no exercicio anterior a partida engordou un 33%, para o ano en curso e respecto ao 2016, o incremento é dun 50%, pasando de 20.000 a 30.000 euros.

Con esta medida a Fundación de Deportes recoñece a importancia de que unha cidade como Vilagarcía acolla torneos desta relevancia xa que, aparte de ser un xeito de promover o deporte e de motivar aos futuros deportistas da vila, tamén supoñen un importante elemento dinamizador para a economía local.


Para as axudas para fomento do deporte federado, a Fundación reserva para 82.000 euros, a mesma cantidade que o ano anterior, coa novidade recollida nos propios orzamentos de que, de sobrar cartos da liña de eventos extraordinarios, estes pasarán a engrosar os fondos para repartir entre os clubs federados.


Por outro lado, o Consello reitor tamén acordou conceder aos Club de Natación e Club de Salvamento Vilagarcía unha subvención de 8.000 euros para financiar os gastos de adestramentos pola utilización da piscina municipal. Os demais clubs deportivos de Vilagarcía dispoñen das instalación municipais (canchas de baloncesto, pistas de atletismo, campos de fútbol…) de xeito gratuíto porque é o Concello quen dirixe directamente as instalación. Non é o caso da piscina que, pese a ser municipal, está xestionada por unha entidade privada polo sistema de concesión, de aí que se teñan que abonar o uso das rúas nas que adestran os nadadores.


O Consello Reitor tamén aprobou as bases das súas liñas de subvencións: a de promoción ao deporte federado e a de organización de exentos deportivos extraordinarios. Os orzamentos da Fundación deberán someterse á aprobación do Pleno do Concello para recibir o visto bo da Corporación, e as bases das axudas deben saír publicadas no BOP. O prazo para solicitalas abrirase o día posterior á publicación. En todo caso, a Fundación de Deportes comeza esta semana a remitir as bases aos clubs a efectos de que vaian reunindo a documentación que se especifica e poidan ir adiantando papeleo para poder presentalo unha vez de abra o prazo legal. Tamén se lles avisará do día da apertura.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -