_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
POLICÍA LOCAL
A Policía Local reanuda o programa escolar de educación viaria para alumnos de 3 a 18 anos

A Policía Local de Vilagarcía segue a desenvolver o programa escolar de educación viaria no marco da estratexia de información para a prevención da siniestralidade. O programa abrangue todos os niveis dio ensino, dende a Educación Infantil ata a secundaria e Ciclos Formativos, pasando por todos os niveis intermedios e pola Educación especial. As actividades comezaron a impartirse en outono e continúan agora tras as festas de Nadal coas sesión nas aulas. Esta semana tócalle a alumnos do IES Bouza Brey e a que vén aos do Cotarelo valedor. O programa remata en maio cos sesiçóns prácticas do Parque de Tráfico en Fexdega
21.01.2017.- Este ano participan no programa 15 centros educativos. Son a Escola Infantil Municipal e o Vagalume, os colexios Rubiáns, Vilaxoán, Arealonga, A Escardia, San Francisco, Piñeiriño, A Lomba, Rosalía de Castro, Sagrada Centro de Educación Especial de Marxión, así como os institutos Bouza Brey, Cotarelo e Miguel Ángel González.

As sesións nas aulas consistirán en explicacións verbais apoiadas con presentacións de power point, vídeos e ata cancións educativas para os máis cativos. Os contidos, temas, forma e dinámica de exposición adáptanse ás idades e nivel de entendemento dos alumnos.

Os temas a abordar cos alumnos de menor idade van dende a conduta do peón á hora de circular como peón, tanto por vía urbana como interurbana, ata o coñecemento das normas de circulación, a circulación en bici pola vía pública, ou as normas de seguridade á hora de viaxar en transporte público ou privado. Os alumnos máis pequechos realizarán unha saída ás rúas da cidade para realizar un percorrido práctico de como deben comportarse como peóns.

Os alumnos de 6º curso de Primaria poderán amosar o aprendido coas prácticas que efectuarán no Parque Móbil que a Policía instalará en primavera en Fexdega. Durante quince días, os alumnos practicarán no circuíto viario as normas e comportamentos adecuados á hora de circular como peóns, como ciclistas e como condutores de karts.

En función do tramo de idade, os alumnos dos niveis educativos superiores tamén traballarán sobre a conduta dos peóns e dos ciclistas, falarán sobre a problemática dos accidentes de tráfico e as súas consecuencias, abordarán a condución responsable dun ciclomotor e tamén tocarán a problemática da combinación de alcohol ao volante así como os efectos dos medicamentos medicamentos na condución.

Fin de curso co Parque Móbil

Os alumnos de 6º curso de Primaria poderán amosar o aprendido coas prácticas que efectuarán no Parque Móbil que a Policía instalará en primavera en Fexdega. Durante quince días, os alumnos practicarán no circuíto viario as normas e comportamentos adecuados á hora de circular como peóns, como ciclistas e como condutores de karts.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -