_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TURISMO
O spot de Vilagarcía en FITUR dirixe a atención de touroperadores e medios especializados cara as Festas de San Roque

Vilagarcía contou este ano cun protagonismo especial en FITUR grazas ao spot das Festas de San Roque exhibido este mediodía na feira no marco da presentación das festas galegas de Interese Turístico Nacional e Internacional nas que Turgalicia centruo este ano a súa promoción na feira de Madrid. O alcalde, Alberto Varela, foi o encargado de dirixirse ao numeroso público asistente ao acto e dar paso ao emotivo vídeo que atrapou a atención dos touroperadores e medios especializados en turismo que asistiron á presentación.
20.01.2017.- Entre os numerosos medios que acudiron á presentación de Vilagarcía atopábanse a Asociación de Blogguers de Turismo de Galicia, a Revista Viajar e outras publicacións especializadas en viaxes e turismo e varios medios xeneralistas.

O audiovisual realizado por Pro Video e a Área de Comunicación Social do Concello, busca durante minuto e medio impactar visual e sonoramente no público con sons tan característicos como a percusión da Festa da Auga e con imaxes de gran plasticidade, tanto dos milleiros de persoas que participan nos diferentes eventos das festas patronais, como de detalles de persoas divertíndose nas mesmas como dos eventos en si.
A tradicional e concorrida subida de San Roque á capela e multitudinaria Festa da Auga comparten espazo no spot coa Festa da Ameixa, as actuacións do Festiclown, as sardiñas e os concertos das Revenidas e co colorido Combate Naval.

O alcalde, Alberto Varela foi o encargado de introducir o vídeo explicando que as Festas de San Roque teñen a súa orixe no ano 1698 e que goza do título de Festas de Interese Turístico Nacional dende hai unha década, distinción que lle outorgou por reunir os conceptos de antigüidade, continuidade, orixinalidade e divertimento.

Tamén salientou o rexedor que as Festas Patronais de Vilagarcía, fieis á tradición, medran e enriquécense cun programa repleto de actos para todos os gustos e para todos os públicos. E dou paso spot invitando ao todo o mundo a visitar Vilagarcía en calquera época do ano e en especial do 10 ao 20 de agosto, durante as Festas de San Roque.

Aposta pola oferta conxunta
Ao remate da presentación, Varela Paz salientou o positivo da experiencia que para Vilagarcía supón ter estado presente en FITUR de xeito tan activo para poder amosar a súa oferta, pero tamén pola posibilidade que supuxo de coñecer e intercambiar impresións cos demais municipios galegos con festas de interese turístico nacional e internacional. “Foi unha ocasión excelente para compartir ideas, experiencias, problemáticas e solucións, e tamén para coñecernos mellor”. O rexedor vilagarcián destacou o gran potencial do que dispón a comarca do Salnés neste apartado “porque somos a comarca de Galicia que máis festas deste tipo reúne, e iso é algo que temos que explotar en conxunto para conseguir atraer turismo á nosa zona durante todo o ano”.

VIDEO: https://www.youtube.com/watch?v=VbWYPZQYj8U


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -