_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
POLICÍA LOCAL
Unha sentenza avala a validez das sancións impostas por Auxiliares da Policía

A sala nº 3 do Xulgado Contencioso Administrativo de Pontevedra desestimou un recurso contra unha sanción interposta polo Concello de Vilagarcía a un condutor por estacionamento indebido en zona peonil. O recorrente alegaba que a denuncia non tiña validez ao ser cursada por dous Auxiliares da Policía Local. A xuíza titular da sala sentenciou que “aínda que non están dotados da condición de axentes da autoridade, os auxiliares exercen unha función colaboradora ou de asistencia dunha función á que a presunción de veracidade é inherente”, como o é nos Policías.
17.01.2017.- A denuncia orixe do contencioso data do día 6 de novembro de 2015, cando dous auxiliares da Policía Local de Vilagarcía cursan boletín de denuncia por un turismo estacionado as 19:51 horas na rúa General Pardiñas, de carácter peonil. A sanción correspondente a esta infracción ascende a 60 euros.

O fallo non se limita a dar validez á actuación dos auxiliares no que á presentación de denuncias se refire, senón que tamén avala o procedemento que segue o Concello de Vilagarcía na tramitación das mesmas, dende o mesmo momento no que se cursou a mesma, ata toda a tramitación posterior no proceso de presentación e resolución das alegacións presentadas polo denunciado e que foron rexeitadas pola administración local no seu momento, como agora o fai a xudicial.

A maiores, a xuíza fai fincapé en que, ademais do boletín de denuncia convenientemente detallado e que asinan os dous auxiliares, engádese como documento probatorio unha fotografía do vehículo propiedade do demandante- que el mesmo recoñece que conducía o día da denuncia-.

A decisión xudicial tamén confirma o procedemento que se sigue no Concello de Vilagarcía, e en moitos concellos nos que teñen que recorrer á contratación de auxiliares en determinadas épocas do ano para apoio das plantillas policiais.

Como consecuencia desta sentencia, que é firme xa que non se pode recorrer,o demandante terá que aboar a multa pola infracción de tráfico. A xuíza tamén lle impón as costas do proceso ao recorrente.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -