_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
O “comité de praias” ultima o expediente das bandeiras azuis e comeza a preparar a vindeira tempada

O denominado “comité de xestión de praias”, obrigatorio dentro da normativa da Bandeira Azul, reuniuse hoxe para concluír o expediente de solicitude das bandeiras para os areais do Preguntoiro (Vilaxoán) e Campanario (Bamio). Baixo a dirección dos concelleiros de Obras e Servizos, Lino Mouriño, e de Promoción Económica, Juan Antonio Pérez Callón, no comité están tamén os técnicos de Medioambiente, Turismo, Obras, Policía, Protección Civil, Xardíns e Comunicación, posto que a normativa das Bandeiras é transversal.
02.12.2016. De cara a preparar a nova tempada, na reunión se fixo balance da última, na que apenas houbo incidentes, salvo o risco de vertido en Bamio, que finalmente non se chegou a producir pola rápida intervención dos servizos municipais, ou a canalización da tubaxe do Preguntoiro unha vez que Costa fixo un novo aporte de area. Afortunadamente, non houbo ningún accidente digno de mención e o servizo de prevención e vixilancia funcionou correctamente. Tamén a calidade das augas mantivo un nivel óptimo.

De cara á vindeira semana se mellorará tanto a información nos paneis obrigatorios coma a relativa á circulación de vehículos –a velocidade se limitará a 30 kms por hora- e ao transporte sostible, con especial referencia ao Vaibike! e o Vaibús! Igualmente se incrementará e mellorará a información sobre as praias de bandeira azul existentes nos puntos de atención ao turista.

Por último, tamén se abordou a necesidade de seguir mellorando a imaxe dos areais, teñan bandeira azul, como é o caso de Bamio ou o Preguntoiro, ou non, como na Compostela e na Concha, que son as que máis usuarios reciben. Neste sentido, ademais de continuar coa retirada progresiva de todo aquilo que non cumpre unha función (vellos carteis, papeleiras sen uso, etcétera), tamén se decidiu solicitar a Costas que sexa o Concello que xestione as concesións de chiringuitos, de xeito que así a administración local teña máis control sobre estas instalacións (estética, conexión ás redes eléctricas ou de saneamento, etcétera).

Todos os servizos traballarán conxuntamente para que a principios de abril, coa Semana Santa, os areais ofrezan xa a súa mellor cara.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -