_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
INFRAESTRUTURAS
A práctica de ancorar e desancorar o mostrador de fexdega comezou e rematou co goberno de Tomás Fole

A práctica de ancorar e desancorar o mostrador da cafetería sen uso de Fexdega comezou e rematou co goberno de Tomás Fole. Así se desprende dos informes elaborados a raíz do accidente do xoves pasado. Dende a chegada do novo goberno ninguén, nin da Alcaldía, nin das concellerías de Promoción Económica ou Deportes, nin da Fundación de Deportes autorizou nin ordenou o cambio de emprazamento do citado mostrador. Diversas testemuñas, tanto de traballadores como de usuarios, corroboran que esa práctica foi habitual no anterior mandato.
30.11.2016. Detectado o problema se buscaron as solucións, pero sobre todo atender as que resultaron vítimas. “A min o que me preocupa é saúde dos nenos, axudar aos pais e poñer os medios para que sucesos así non se repitan. Alá os demais coa súa ética e o intento de sacar rédito dunha desgraza”, afirma o alcalde, Alberto Varela.

A xustificación do desprazamento do mostrador durante o anterior mandato sempre foi a mesma, gañar espazo nunha zona que, pola súas reducidas dimensións respecto do vestíbulo ou do propio pavillón feiral, se adaptaba mellor para a práctica do deporte ou pequenas representacións. Polas razóns que fosen, nalgunha ocasión alguén esqueceu volver a ancorar a barra. “A día de hoxe –di un dos informes- entre o persoal e os usuarios se comenta que o anterior director deportivo dou instrucións ao operario de servizos destinado no recinto para traballos de mantemento de mover o mostrador, sendo posible que nalgunhas destas ocasións quedase por esquecemento sen fixar ao chan”.
Dadas as dimensións e peso do mostrador, e o feito de que nunca foi movido neste último ano e medio, nada facía sospeitar que estivese sen ancoraxes, que non están precisamente á vista. De feito, ao longo do último ano se celebraron ata trinta eventos nesa zona, aparte da actividade deportiva, sen que se producira ningún incidente, entre eles a comida dos xubilados de CC OO ou o máis recente viño do patroa da Garda Civil, na que moitas persoas estiveron apoiadas nesa barra.

En consecuencia, o que ocorreu o xoves foi un accidente, desgraciado, pero accidente, non neglixencia. Con todo, no informe do director deportivo consta que “descoñece por que a técnico deportiva decidiu ese día desenvolver a actividade nese espazo”, cando para iso “estaba reservada a pista Fexdega 3, tal e como foi aprobado polo consello reitor o pasado 6 de outubro de 2016”.
“Estamos seguros de que o señor Fole ten información fidedigna e directa do que aconteceu o xoves e das prácticas que se levaban a cabo durante o seu mandato, pero tanto lle dá. Nós temos plena confianza na profesionalidade dos técnicos e traballadores de Fexdega e da Fundación, dos de agora e dos de antes. E mentres nós nos dedicámonos a preocuparnos polos rapaces e as súas familias, el se dedica a intentar sacar rédito dunha de calquera cousa, incluso dunha desgraza. Non é de estrañar, por iso, que os cidadáns decidisen sacalo da Alcaldía e agora o seu partido, dos cargos orgánicos”, opina o goberno de Alberto Varela.

Accidentes e neglixencias
Os catro informes nos que se relata o que ocorreu o xoves pasado e os seus antecedentes están asinados por catro traballadores públicos “que teñen a obriga legal de dicir a verdade, non como o voceiro do PP, que nin ten a decencia moral de non faltar á verdade”. Neste sentido, o goberno local lamenta a actitude de quen, ademais, foi alcalde. “Resulta verdadeiramente sorprendente que quen permitiu adestrar a nenos no pavillón de Castelao cando aínda estaba en obras e onde xa sufrira un accidente un traballador, ou quen permitiu a celebración duna gala como a Panorama sen plan de seguridade, poñendo en risco a máis de 20.000 persoas, ou quen permitía que as portas antipánico do pavillón de Fexdega estiveran pechadas con cadeas e cadeados trate agora de sacar rédito do acaecido o xoves pasado. O deste día foi un accidente; o seu, unha neglixencia”.

Dende o mesmo momento do accidente o goberno local fixo o que cree que foi o correcto: atender aos rapaces e as súas familias, informar ao pleno inmediatamente, arroupar á monitora que tivo a desgraza de ser protagonista involuntaria dun accidente con rapaces, dar parte ao seguro, colaborar coa policía na súa investigación, ancorar a barra, e comezar a revisar tanto as instalacións como os protocolos de seguridade e mantemento, para que feitos como estes non se volvan repetir. Por esa mesma razón, o goberno local “volve pedir responsabilidade ao Partido Popular xa que ao aínda portavoz parece que é misión imposible”.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -