_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
As obras de accesibilidade á Peixería adxudicadas á Marconsa contan co respaldo económico de Xunta e UE

A Xunta Local de Goberno acordou esta semana adxudicar a Marconsa as obras do proxecto do Itinerario Accesible á Praza da Peixería, unhas obras coas que se eliminarán barreiras arquitectónicas e se facilitará o acceso e tránsito de peóns dende á rúa e a parada de autobús do Cavadelo aos edificios públicos da Praza da Peixería e á Oficina de Turismo. A actuación conta co respaldo da Xunta que subvenciona o proxecto a través dos Fondos Europeos para o Desenvolvemento Rexional.
01.12.2016.- No marco das políticas de mellora da mobilidade e accesibilidade do termo municipal, o Concello de Vilagarcía deseñou un Itinerario Accesible á Praza da Peixería e á Oficina Municipal de Turismo co obxectivo de facilitar o tránsito e acceso ás instalacións municipais por parte de persoas con mobilidade reducida ou carros de bebés, tanto dende a Avenida da Mariña, como directamente dende o transporte público da parada de autobuses do Cavadelo.

O proxecto ten dous ámbitos de actuación. O primeiro na Avenida da Mariña, onde se elevará o paso de peóns que da acceso á Praza da Peixería, instalacións municipais na que ao longo do ano se celebran numerosos actos e actividades lúdicas e culturais moi concorridas por todo tipo de público.

O segundo ámbito é o que afecta á Oficina Municipal de Turismo, situada no lateral da Peixería con fronte á parada de autobuses do Cavadelo. Aquí prevense actuacións tendentes a eliminar obstáculos e mellorar a accesibilidade directa dende o propio transporte colectivo á beirarrúa e á oficina de turismo. Realizaranse obras nas dársenas para poñelas a nivel coas portas de entrada e saída do autobús e coas beirarrúas de acceso á oficina e ao recinto cultural. Tamén se cambiarán as actuais marquesiñas por outras máis cómodas e estéticas e reporase o deteriorado os asfalto das dársenas cuxo estado provoca molestias ao transitar sobre el.

O proxecto adxudicouse por 56.670 euros dos que o Concello aboará o 25% mentres que o 75% restante correrá a cargo da subvención europea cofinanciada a través dos fondos europeos para “Mellora de accesibilidade nos edificios e espazos de uso público”.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -