_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
XUVENTUDE
O Tecnoverán de Xuventude foi seleccionado para expoñerse no IV Congreso Internacional de Videoxogos e Educación (CIVE)

Os campamentos tecnolóxicos de verán, O Tecnoverán) organizados este ano pola Concellería de Xuventude veñen de ser recoñecidos polo Congreso Internacional de Videoxogos e Educación (CIVE) ao ter sido elixidos como experiencia a comentar no evento que este ano se desenvolve en Pontevedra. A iniciativa que tiña por obxecto adentrar á mocidade nas tecnoloxías emerxentes para a súa aplicación tanto no eido laboral como lúdico, será exposta por Diego Parajó na sesión a celebrar mañá pola tarde na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.
27.10.2016.- Trinta e cinco mozos e mozas de entre 16 e 35 anos participaron de xeito gratuíto no Tecnoverán, unha actividade organizada pola Concellería que dirixe Sonia Outón, deseñada pola asociación sen ánimo de lucro O Núcleo e impartida por Diego Parajó, membro deste colectivo e integrante de Xeneme. Durante 25 horas lectivas, os participantes recibiron formación práctica sobre o uso de tecnoloxías emerxentes como aplicacións móbiles, robótica, programación ou GPS, co fin de que puideran aplicalas posteriormente nas súas actividades laborais, sociais ou de ocio.

O leitmotiv do CIVE é a fase de deseño dos videoxogos. O congreso parte da base de que dende que o home é home, o xogo é non só motivo de entretemento, senón tamén un elemento de aprendizaxe e de comunicación. Co paso do tempo e coa aplicación das novas tecnoloxías chágase ao videoxogo e, con el, ao estudo deste novo formato dende o punto de vista industrial.

A selección do Tecnoverán como unha das experiencias destacables a expoñer no congreso avala a calidade do proxecto desenvolvido en Vilagarcía e tamén o acerto da Concellería de Xuventude por apostar por esta interesante iniciativa de ámbito local.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -