_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Fomento comunica ao Concello que reforzará o peche do acceso ao vial do Porto

.- Fomento comunicou este mediodía ao Concello de Vilagarcía que reforzará cos seus propios medios o peche á circulación do acceso do vial do porto dende Baión, decisión que avala a actuación do Concello de Vilagarcía dende o primeiro momento. O Xefe da Demarcación de Estradas en Galicia tamén comunicou ao alcalde, Alberto Varela, que o Ministerio asume os traballos de consolidación do talude para evitar máis desprendementos de rochas.
vial puerto talud baion2.psd27.10.2016.- Coincidindo plenamente co informe feito polo Servizo Municipal de Emerxencias o mesmo día no que unha gran rocha caeu sobre a calzada, co estudo xeotécnico realizado onte por unha consultora especializada e, como xa indicaran verbalmente os técnicos de Carreteras na inspección ocular de onte, Fomento tamén considera que existe un importante risco de novos desprendementos polo que por precaución decide manter a vía pechada ao tráfico ata que se garanta a estabilidade da parede de pedra e a completa seguridade da vía dado que o asunto principal e máis urxente é salvagardar a seguridade das persoas.

En resposta ás xestións realizadas días antes por Varela Paz, o xefe da Demarcación de Carreteras en Galicia, asegurou que o Ministerio asumirá os traballos de consolidación do muro do talude, independentemente de que a titularidade deste vial secundario non está definida. En consecuencia, o responsable de Fomento explicou que unha vez solventado o problema, haberá que facer un levantamento de acta de deslinde e, a partir de aí, concretar as competencias sobre a vía.

O alcalde agradeceu a dispoñibilidade do xefe de Carreteras para solventar o problema, así como sentido de responsabilidade manifestado ao antepoñe a seguridade das persoas a calquera outro aspecto, como corresponde a un cargo público e ao igual quen fixo o Concello de Vilagarcía.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -