_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello informa aos hosteleiros sobre a entrada en vigor da Ordenanza de Terrazas e dos prazos de tramitación

O Boletín Oficial da Provincia de hoxe publica o texto íntegro da nova “Ordenanza reguladora da actividade de ocupación de terreos de uso público con mesas e cadeiras” aprobada definitivamente no Pleno do pasado mes de setembro. Tal como recolle o propio texto no seu último parágrafo, a normativa entrará en vigor transcorridos 15 días hábiles despois da súa publicación. O Concello comezará esta mesmasemana á a remitir a todos hostaleiros do municipio unha circular para informarlles da entrada en vigor da ordenanza, así coma sobre o procedemento e o trámite de tramitación para a obtención de permisos de terrazas conforme aos novos criterios.
19.10.2016.- O goberno local é consciente de que os cambios sufridos por esta ordenanza nos últimos anos, sumados a laxitude de aplicación da norma por parte do anterior goberno provocou un clima de incertidume e de libre albedrío ao que o novo executivo socialista pretende poñer fin coa esta nova Ordenanza. En consonancia co recollido na Disposición Transitoria Primeira e co obxecto de dar ao sector as maiores facilidades posibles para que acaten o texto, o Concello dará de prazo ata o 31 de decembro de 2016 para que os afectados teñan tempo suficiente para solicitar e tramitar os permisos correspondentes en base aos criterios establecidos e adaptarse as súas terrazas á nova normativa.

O goberno local considera que esta norma contribuirá a unha mellor ordenación dos espazos públicos que beneficiará tanto aos hostaleiros como á cidadanía en xeral, ao compatibilizar de xeito equilibrado o aproveitamento comercial so solo público, co dereito dos veciños a transitar e gozar polas rúas da cidade en base a criterios de mobilidade e accesibilidade.

O texto íntegro da Ordenanza poderá consultarse na sección de ordenanzas da web municipal.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -