_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
O Concello impulsa en outubro unha nova fase do plan de compostaxe unifamiliar en zonas rurais

A Concellería de Medio Ambiente ten previsto dar un novo pulo ao sistema de compostaxe para a xestión e redución dos residuos sólidos urbanos de carácter orgánico. A idea, ademais da posta en marcha da experiencia piloto da compostaxe comunitaria no barrio urbano do Piñeiriño, é seguir estendendo este método nas zonas do rural, para o cal en outubro repartiranse 70 composteiros individuais para vivendas unifamiliares.
26.09.2016.- Para esta nova fase de compostaxe unifamiliar o Concello conta coa colaboración do Sogama, que é quen aporta os colectores que o Concello recibirá nun prazo máximo de quince días. Para realizar o reparto, o departamento municipal de Medio Ambiente xa comezou a contactar coas persoas que estaban en lista de agarda da anterior fase desenvolvida anteriormente. De todos xeitos, a inscrición segue aberta e os interesados poden anotarse presentando solicitude no rexistro do Concello ou enviando un correo electrónico ao enderezo bmalvar@vilagarcia.es

A intención do concelleiro Lino Mouriño é realizar outra fase de ampliación do plan de compostaxe no rural a principios do vindeiro ano, polo qyue as persoas que non accedan a estes 70 composteiros quedarán en lista de agrada para o seguinte reparto. Os depósitos que se entregarán en outubro están elaborados en mateiral 100% reciclado e teñen unha capacidade de 341 litros. As súas dimensións son 76 x76 centímetros de base e 85 cm de alto.

Información e seguimento

Co obxectivo de que as persoas que se sumen a esta iniciativa reciban toda a información para poñerse a elaborar compost cos restos orgánicos que se xeran nas súas casas, xusto antes do inicio do reparto dos composteiros, serán convocadas a unha sesión informativa. Ademais, para que poidan resolver as dúbidas que lles vaian xurdindo durante o proceso, disporán de apoio e seguimento por parte dun técnico do Concello.

De forma paralela, tam´çen está previsto que a empresa contratada pola Deputación instale nas vindeiras semanas o composteiro comunitario no Piñeiriño, barrio de Vilagarcía onde se porá en marcha a experiencia piloto da compostaxe en zonas urbanas que está a promover o organismo provincial en colaboración cos concellos máis urbanos.

O goberno local aposta pola implantación da compostaxe como un método ecolóxico que permite reducir a cantidade de residuos sólidos urbanos da tradicional bolsa de lixo. Con elo redúcense os custes de transporte e incineración que se pagan a Sogama e obtense o abono orgánico denominado compost que as propias familias pode utilizar para os seus cultivos, plantas ou xardíns.

A compostaxe implantouse por vez primeira en Vilagarcía durante o goberno de Dolores García cunha experiencia piloto nas zonas dio rural. Agora, o executivo de Alberto Varela pretende darlle forza mediante estas novas fases no ámbito rural e tamén no urbano.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -