_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Os 65 alumnos que agardan entrar nas escolas infantís públicas avalan a necesidade do novo centro de Vilaxoán

O informe realizado polos servizos Sociais do Concello de Vilagarcía sobre a demanda de prazas nas dúas escolas infantís públicas que existen no municipio- a Municipal da Lomba e a da Galiña Azul que xestiona a Xunta en Carril- desvelan que, a data o venres 23 de setembro, había un total de 65 nenos e nenas que non puideron acceder aos centros e que se atopan en lista de agarda. Como xa se coñecía debido a que os datos se repiten de xeito constante cada curso, os datos avalan a necesidade da construción da nova Escola Infantil proxectada polo Concello en Vilaxoán.
24.09.2016.- O informe das listas concreta que o grupo de idade no que se precisan máis prazas é o de 1 a 2 anos, xa que os nenos e nenas deste tramo que non obtiveron praza en ningún dos centros ascende a 55. No apartado de bebés (de 0 a 1 ano) son 7 os que se atopan en lista de agarda e no de 2 a 3 anos, hai 3 cativos. O informe, que foi elaborado a petición do grupo municipal popular xa lles foi remitido.


O goberno socialista, coñecedor da urxente necesidade de máis prazas públicas para escolarizar a nenos de 0 a 3 anos, xa anunciara a principios deste ano a súa intención de construír a terceira escola infantil.O centro emprazarase na parcela municipal que o Concello ten xunto ao campo de fútbol co obxecto de vertebran mellor a oferta entre Carril-Vilagarcía e Vilaxoán, ademais de contar cos terreos axeitados.

A tramitación para ver convertida en realidade esta proposta está moi adiantada. A día de hoxe, a Deputación xa aprobou a concesión dos 701.480 euros solicitados por Ravella a través dos fondos provinciais que lle corresponden a Vilagarcía este ano. O proxecto construtivo, obra do arquitecto da oficina municipal das ARIs, leva meses rematado e nestes momentos, os servizos de Contratación do Concello están elaborando os pregos de licitación. A intención do goberno e sacar a contratación a obra este mesmo ano para poder iniciar a construción a principios de 2017 co obxectivo de que o centro estea operativo a comezo de 2018.

O que aínda descoñece o goberno socialista é si a Consellería de Políticas Sociais incluirá o centro na rede do Consorcio Galego de servizos de Igualdade e Benestar, tal como lle solicitaran o alcalde, Alberto Varela e a concelleira de Benestar, Tania García, ao propio conselleiro na entrevista que mantiveron o pasado mes de maio. Froito dese encontro, o Concello sí realizou unha pequena modificación do proxecto a proposta de Jose Manuel Rey Varela, consistente en reducir a cinco as seis aulas inicialmente previstas. Así, o número de prazas coas que partiría o centro de Vilaxoán sería de 62, ampliables ata as 82. O proxecto, convenientemente modificado, remitiuse á Consellería.

Característas do proxecto

A escola Infantil construirase sobre unha parcela de 2.975 metros cadrados. Será un edificio colorista de tipo modular, estruturado en varios volumes co obxecto de imitar a tipoloxía das casas do barrio mariñeiro. O equipamento contará con zonas verdes dianteiras e un gran patio interior aberto, ademais dun aparcamento lateral.

O proxecto destaca pola máxima funcionalidade do edificio, perfectamente adaptado ás necesidades que ten un servizo de atención e coidado de nenos e nenas de 0 a 3 anos de idade. As instalacións contan con seis aulas máis unha convertida en sala multiusos e para a atención das familias, podéndose reconverter en aula se a demanda de prazas así o esixira. Todas as aulas e dependencias que teñen vistas ao exterior e están comunicadas interiormente cun amplo corredor de tránsito que poder ser utilizado como patio interior para o inverno.

Ademais dos servizos de cociña e comedor, o edificio irá dotado de outros servizos complementarios como sala de dirección, sala reunións, aseos e duchas para o persoal, aseo para visitas, zona para aparcar os carriños dos nenos e nenas, varios almacéns, despensa, lavandería e sala independente para o almacenamento de residuos. Ademais, existe un acceso de servizo para labores de intendencia.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -