_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
A galardoada violinista nipona Mayu Kishima ofrecerá unha master class para os alumnos do Conservatorio

Un reducido grupo de alumnos do Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía terá a oportunidade de participar nunha clase maxistral que a prestixiosa violinista May Kishima ofrecerá a principios de outubro no centro. A participación da virtuosa nipona nesta actividade docente faise posible ao aproveitar a súa presenza na cidade con motivo do concerto inaugural de tempada organizado pola Sociedade Filarmónica de Vilagarcía.
24.09.2016.- As master class a cargo de músicos de recoñecido prestixio nacional e internacional son unha actividade que o Conservatorio de Vilagarcía introduciu na súa programación habitual xa fai anos como método complementario as ensinanzas do centro. Con elas preténdese que os alumnos teñan a oportunidade de coñecer, comparar e adquirir os coñecementos que estes virtuosos lles poden trasladar.

O Conservatorio organiza esta clase maxistral en colaboracio´n co Asociación do Ensino Musical ATRIL. A actividade está dirixida ao alumnado que de violín e impartirase os dúas 5, 6 e 7 de outubro. Ofértanse ata u máximo d 8 prazas para permitir que cada alumno dispoña, polo menos, dunha hora de clase individual, podendo asistir como oíntes ás restantes. Os demais alumnos do Conservatorio tamén poderá asistir como oíntes e totalmente de balde, ao igual que o alumnado da Escola Municipal de Música e o público en xeral.

Mayu Kishima naceu en Xapón e comezou a tocar o violín con tan só tres anos. Aos 13 foi premiada coa máis alta honra no 8ª Concurso Internacional Weniawski para mozos violinistas, e aos 16 anos debutou coa Orquestra Filarmónica Nacional de Rusia. Con 29 anos, acaba de engadir ao seu currículo o Primeiro Premio do I Concurso de Violín Shangai Isaac Sterm International 2016.


Descontos para socios de Atril

As taxas por participar na clase maxistral de Mayu Kishima oscilan entre os 70 e os 135 euros dependendo de si elixe unha ou dúas clases individuais e de si se é ou non socio de Atril. A inscrición debe realizarse no Conservatorio.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -