_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
Os centros de ensino musical do Concello formarán este curso a 540 alumnos

As ensinanzas musicais no Concello de Vilagarcía seguen estando moi demandadas entre os vilagarciás, como demostran, un ano máis, o elevado número de alumnos matriculados nos centros municipais. En total, no vindeiro curso 2016/17 serán un total de 540 alumnos os que reciban formación musical na Escola Municipal de Música e o Conservatorio, ámbalas dúas dependentes do Concello.
15.09.2016.- A Escola Municipal de Música Bernardo del Río é o centro que se encarga de iniciar e preparar aos alumnos no ensino musical e na práctica dun instrumento. A matriculación para o curso que vai a comezar elévase a 414 alumnos. Esta cifra componse dos 216 alumnos do ciclo de Música e Movemento, para nenos e nenas de 3 a 7 anos; máis os 198 inscritos nas 7 especialidades instrumentais e cursos que se imparten no centro ((Percusión, Viento Metal, Viento Madera, Cuerda, Flauta, Piano y Guitarra)

Pola súa banda, O Conservatorio Profesional de Música é un centro de ensinanza regrada que está destinado a alumnos que xa teñen coñecementos musicais e que buscan unha formación orientada á faceta profesional, de aí que para acceder a el os aspirantes teñan que superar unhas probas de acceso para comprobar que reúnen o nivel mínimo esixible para cada grao ou curso. O centro con sede no Auditorio Municipal contará este ano cun total de 126 alumnos dos que 56 cursarán as ensinanzas do Grao Elemental e os 70 restantes do grao Profesional. En émbolos dous graos impártense 12 especialidades instrumentais.

Os 56 alumnos do grao elemental cursan as especialidades de Clarinete (6), Frauta (3), Gaita (1), Guitarra (4), Percusión (4), Piano (14), Saxofón (4),Trombón (3), Trompa (2), Trompeta (3), Violonchelo (4) e Violín (8). E os 70 alumnos do grao profesional farano nas especialidades de Clarinete (5), Frauta (11), Gaita (1) Guitarra (4), Percusión (4), Piano (22), Saxofón (3), Trompa (1),Trombón (1) Trompeta (3),Violonchelo (3) e Violín (11).

Presentación e inicio das clases lectivas

Os acto de presentación do curso no Conservatorio tivo lugar hoxe, mentres que a Escola Bernardo del Río fará o propio mañá, venres, 16 de setembro ás 19:30 horas na Sala de Concertos do centro sito no edificio do Ramal.
El ámbolos dos centros, as clases comezan o vindeiro luns, 19 de setembro.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -