_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
XUVENTUDE
Vinte dúas organizacións xúntanse o sábado na XV Festa do Voluntariado

O Concello de Vilagarcía leva quince anos conmemorando o Día Internacional do Voluntariado, que se celebra a nivel mundial cada 31 de agosto, coa organización da Festa do Voluntariado. Este ano o evento terá lugar o sábado 27 de agosto na Praza de Galicia e contará coa participación de 22 organizacións sociais que disporán dos seus propios stands para amosar ao público o traballo que realizan e invitar á xente a colaborar facéndose voluntarios. Tamén haberá un amplo programa de actividades lúdicas para todos os públicos, cuxa organización corre a cargo da Concellería de Xuventude e Voluntariado que dirixe Sonia Outón.
24.08.2016.- Con este evento, o Concello pretende recoñecer a labor altruísta e en favor dos colectivos máis desfavorecidos que prestan todas estas entidades, as cales desenvolven a súa función en Vilagarcía e contorna, así como darlles protagonismo tanto a elas como aso seus voluntarios.

As entidades que participan tes son:

Cruz Vermella, Cáritas Interparroquial de Arousa, Fundación Amigos de Galicia, Arousa Solidaria, Apropark (Asociación Parkinson da Provincia de Pontevedra), AGL (Asociación Galega de Linfedema), Agrupación de Voluntarios de Protección Civil Vilagarcía, Apap (Asociación Potectora de Animais e Plantas), Con Eles (Asociación Diminuídos Psíquicos), Lar Pro Saúde Mental, Afasal (Asoc. Familiares de enfermos/as de Alzheimer), Proxecto Home (Plataforma Galega Contra o Narcotráfico), LRG (Liga Reumatolóxica Galega), Fundación Aldaba, AREVA (Alcohólicos/as Rehabilitados/as), Solidariedade Internacional de Galicia, Alcer-Pontevedra (Asoc. De loita Contra as Enfermidades de Ril), Asociación Pais/Nais do Centro Ocupacional do Saiar, Asociación TDAH Comarca do Salnés, PROEM-AID (Professional Emergency Aid), AECC (Asociación Española Contra o Cancro) e Callejeritos Colonias sin Hogar.

Programa

A Festa do Voluntariado inaugúrase ás 10:00 horas coa apertura da Cidade do Voluntariado. Ás 10:30 horas comezan as actividades abertas a todo o público que desexe participar. Haberá un obradoiro infantil de reciclaxe de materiais de refugallo a cargo de Cruz Vermella e, a continuación outro de elaboración de lazos solidarios e chapas que impartirá a Fundación Aldaba. Esta mesma entidade organiza o Buzón da Solidariedade na que poderán participar públicos de todas as idades.


Tamén ás 11: comezará a exhibición e concurso canino organizado pola Protectora de Animais, un acto que presentará e animará o cantante vilagarciá Dani Barreiro.

Ás 12:30 os voluntarios de Protección Civil realizará unha exhibición con simulacros de rescate e salvamento e ás 13:30 realizarase o sorteo da rifa benéfica da Protectora de Animais coa posterior entrega de premios.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -