_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O Concello xa executou o 70% das labores de mantemento anual dos colexios

Os traballos da posta a punto anual dos centros educativos de Infantil e Primaria do municipio avanzan a bo ritmo. A estas alturas do verán, o Concello ten xa executado o 70 por centro das labores previstas en sete colexios. Os traballos de conservación e mantemento que corresponde realizar a administración municipal foron dende repintado de aulas, a arranxos en portas, fiestras e persianas, ata a construción de aseos ou limpeza de canaletas.
24.08.2016.- Brigada permanente dende xullo
A posta a punto dos centros educativos comezou no mes de xullo. O departamento de Obras e Servizos dispuxo dende este momento dunha brigada permanente de operarios para realizar estas funcións, contando cun número fixo de 4 traballadores. Este número incrementouse os días nos que as necesidade municipais o permitiron.

Os centros nos que xa se remataron os traballos de mantemento foron os de Faxilde, Educación Especial, Piñeiriño, Rubiáns, Vagalume , Anexo A Lomba e Arealonga. Neste último, habilitáronse aseos novos para nenos e nenas, coas correspondentes obras de fontanería, albanelería, azulexos e demais. Tamén se repararon as persianas.

No CEIP de Faxilde, persoal de Obras apoiado co conserxe, arranxaron as persianas e repintaron o interior das aulas e parte da fachada.
Os traballos solicitados dende o centro de Educación Especial consistiron no pintado de cinco aulas e na reforma do sistema de rego coa instalación de dous sectores novos.
No CEIP do Piñeiriño procedeuse á limpeza das canaletas de recollida de augas pluviais da cuberta e se pintaron varias aulas.
Os operarios municipais encargáronse en Rubiáns de reparar, lixar e pintar os marcos das ventás da fachada principal nos que posteriormente o colexio contratou a instalación de fiestras novas. Tamén se pintou o comedor e un aula.
Os traballos realizados no centro de Educación Infantil Vagalume centráronse na colocación de caucho en varias aulas e no repintado do patio de xogos. E no Anexo A Lomba, tamén en colaboración co conserxe, os operarios de Obras repararon estores e pintaron aulas.

Xardinería e patios exteriores, para o final

Nas seguintes tres semanas procederase a rematar a posta a punto nos restantes centros educativos. Aparte das obras, tamén se levarán a cabo traballos de xardinería nos patios, pero quedarán como remate final, ao igual que a reposición de area.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -