_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
URBANISMO
Comezan os traballos de consolidación da Casa do Castro

A empresa contratada polo Concello para realizar as obras de consolidación do edificio da Praza Martín Gómez Abal, no Castro, comeza hoxe a traballar. Dado o risco que a degradación do inmoble situado nunha zona na que se concentran grandes cantidades de persoas durante o mercado e tamén nas terrazas hostaleiras, e ante o caso omiso da propietaria aos requirimentos remitidos dende Ravella dende hai anos, o Concello contratou os traballos presupostados en 64.000 euros que serán facturados á sociedade propietaria do inmoble, una empresa con sede en Madrid.
22.08.2016.- O recurso interposto hai meses pola propiedade contra a orde municipal foi rexeitado pola autoridade xudicial que considerou que o interese xeral e garantir a seguridade das persoas primaba sobre o interese particular da propiedade. En base a esta resolución, o Concello seguiu adiante para poñer fin a unha situación que levaba anos enquistada e que propiciou o corte dunha calexa pública durante anos para previr posibles accidentes por desprendemento de elementos do tellado e da fachada do inmoble que está catalogado.

O proxecto, que tamén tivo que redactar o Concello, contra co visto bo de Patrimonio e consiste na realización de obras de apeo, estabilización de fachadas, consolidación de cuberta e limpeza da casa. Responsables de Marconsa, empresa adxudicataria dos traballos, estiveron esta mañá inspeccionando o perímetro do edificio para determinar como se desenvolverán os traballos. O acceso á propiedade terá que facerse pola Praza do Castro debido a que as árbores da beirarrúa da Avenida da Mariña supoñen un obstáculo. Dado á celebración do mercadillo os martes, os traballos durante as mañás dese día limitaranse a labores no interior do edificio.

O acceso ao edificio do Castro realizarase a primeira hora desta tarde. Por tratarse dunha propiedade privada, a Secretaria Municipal do Concello levantará acta do mesmo para dar conta ao xulgado, tal como se realizou previamente coa adxudicación do proxecto. As primeiras labores a realizar serán avaliar a situación interior para organizar o plan de traballo.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -