_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TRÁFICO
A circulación na Glorieta da Mariña Española volve á normalidade hoxe co remate da obra do saneamento

Os traballos de separación da recollida subterránea de augas pluviais e fecais na contorna da Glorieta da Mariña Española chegan ao seu fin esta mesma tarde canto está previsto que rematen as labores de asfaltado dos tramos de vía afectados. Isto implica que a circulación de vehículos na contorna da glorieta volverá a súa situación inicial e xa non haberá desvíos provisionais nas rúas que conflúen nela.
29.07.2016.- Pese a que o proxecto desenvolvido no último mes nas rúas que conflúen na glorieta revestía certa complexidade ao afectar a un importante nu das comunicacións internas da cidade, a realidade é que os traballos se desenvolveron sen grandes complicacións de tráfico, salvo as lóxica ralentización da circulación en horas puntas. Os traballos realizados eran moi necesarios xa que con eles trátase de evitar inundacións na zona e previr problemas de desbordamento na rede de augas fecais.

As obras consistiron na separación das recollidas de augas pluviais e fecais mediante a construción dunha canalización propia para as primeiras posto que neste toda a auga da chuvia procedente de parte de Cornazo e Doutor Tourón discorría pola única canalización existente, a de augas residuais, por Agustín Romero saturando esta rede na zona da Glorieta.

Coa nova canalización para a recollida de pluviais evítase colapsar a rede de saneamento co que redúcese o risco de inundacións na zona cando se producen chuvias copiosas e, ao reducir o caudal que leva a rede de augas negras, evítase o colapso da estación de bombeo Praza de Abastos 2.

A circulación volverá a situación anterior ao inicio dos traballos esta tardiña, cando remate o asfaltado. O pintado da sinalización realizarase pasada a fin de semana.

A obra adxudicada a Marconsa precisou dun investimento de 48.390 euros e forma parte do plan de actuacións que está a levar a cabo o goberno local para mellorar o servizo de saneamento do municipio.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -