_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
A conmemoración do Ano Castelao continúa o sábado co espectáculo cómico musical “A Lingua na Boca”

Os actos conmemorativos do Ano Castelao continúa esta fin de semana en Vilagarcía co espectáculo “A Lingua na Boca” que se representa mañá sábado, a partir das 21:00 horas, na Rúa Castelao. Trátase dunha proposta orixinal creada pola compañía Limiar Teatro na que conflúen aspectos teatrais, cómicos, musicais e poéticos, e que chega a Vilagarcía a través da xira programada pola Deputación para rememorar a Castelao e a súa obra en 62 municipios da provincia.
29.07.2016.- “A Lingua na Boca” é un espectáculo multidisciplinar que integra música en directo, teatro, manipulación de obxectos e narración oral para xogar coa lingua e que interactúa co público.

Durante o espectáculo interpretaranse temas e melodías tradicionais galegos actualizados xogando coas posibilidades creativas que achega unha loop station e interpretados con guitarra, contrabaixo, melódica, zanfona e percusión. Un chan verde, unha escaleira de madeira, un paraugas, cadeiras e libros completan o espazo escénico do espectáculo. Un espazo de xogo aberto a explorar e construír imaxes poéticas.

“Castelao é unha das principais figuras da historia da Galiza, porén, non é pasado, é presente e futuro”. Dende esa premisa Limiar Teatro creou un proxecto que serve de homenaxe e de reflexión compartida sobre o seu legado, “pois Castelao están máis de actualidade que nunca”.

“A Lingua na Boca”, letras riscos e pensamentos de CASTELAO é un espectáculo cómico, poético e musical sobre a figura do polifacético Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Un proxecto sobre o home, sobre o debuxante, sobre o médico, sobre o político, sobre o escritor. Un espectáculo sobre Galicia e a súa lingua a través dunha achega contemporánea á obra de Castelao. Dicía Castelao: “Se aínda somos galegos é por obra e graza da lingua”. A lingua como xeito de entender e coñecer o mundo, a lingua como elemento de unión nun relato cultural compartido.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -