_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
XUVENTUDE
Xuventude promove a expresión creativa da mocidade a través dun curso de deseño de fanzines

O Concello de Vilagarcía e a Deputación Provincial convidan aos mozos e mozas maiores de 14 anos crea ros seus propios fanzines a través do curso de deseño e elaboración deste tipo de publicacións independentes, nas que a creatividade é fundamental para comunicar dun xeito atractivo, moi visual e, moitas veces, irreverente. O curso incluído no DepoRúArte, celebrarase a primeira semana de setembro e o prazo de inscrición remata o 19 de agosto. A participación é de balde.
O Fanzine é un xeito de facer publicacións independentes nas que expresar as propias ideas ou habilidades, compartir novas, curiosidades ou tendencias

Un fanzine é unha idea concreta plasmada nun formato físico e, por suposto, o seu contido é rotundamente persoal. O fanzine está feito a man, non fai falta moito máis que varios Din A4 dobrados e grapados e moita creatividade, porque está pensado para poder facerse nas peores condicións, co mínimo, co que cada un dispoña nese momento, facendo da autoedición deste formato unha forma de comunicarse e expresarse.

Un fanzine ten que ser atractivo e facer tambalear os valores e prexuízos dos/as lectores/ as. Neste obradoiro tratarase de conseguir o equilibrio entre forma e contido, que o baile entre ambos teña a súa lóxica, que a mensaxe sexa coherente.


As sesións do curso impartirase do 5 ao 9 de setembro no Centro de Formación de Matosinhos en horario de mañá. As persoas interesadas en participar deben recoller o formulario de inscrición na concellería de Xuventude ou imprimilo da web da Deputación e presentalas debidamente cubertas no rexistro Xeral do Concello. Ofértanse 20 prazas para esta actividade na que terán preferencia as persoas empadroadas no municipio.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -