_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
XUVENTUDE
O campamento medio ambiental pónse en marcha cunha xornada que leva aos 20 participantes a Cortegada

O campamento Urbano Medio Ambiental organizado pola Concellería de Xuventude arranca hoxe e faino levando aos vinte mozos e mozas participantes a pasar unha xornada completa na Illa de Cortegada. Dende hoxe e ata o 1 de agosto, o equipo composto por rapaces e rapazas de 12 a 16 anos, ademais dea adentrarse en Cortegada poderán practicar kaiak, practicar xogos de xeo localización ao aire libre, coñecer a riqueza natural e patrimonial de Vilagarcía e ata a navegar nun galeón.
27.07.2016.- As visitas de hoxe comezarán ás 11 coa saída a Cortegada para participar nunha xornada de voluntariado medio ambiental para, despois do almorzo na propia illa, realizar unha visita guiada polos monitores de Corticata para amosar aos mozos e mozas a riqueza e o valor natural, paisaxístico, patrimonial e etnográfico do territorio que forma parte do parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas.

As actividades a desenvolver durante os próximos días van dende unha visita ao refuxio de Animais de PInar do Rei, e rutas de senderismo por Xiabre e Lobeira, actividade de anillamento de paxaros, actividades deportivas na paria e Kaiak, labores de voluntariado medio ambiental nas praias da Concha Compostela, obradoiros de teatralización de espazos naturais, travesía en galeón, visita á lonxa, ruta polos bancos marisqueiros dos Lombos do Ulla, e obradoiro de recursos turísticos e naturais do municipios.

Con este obradoiro, ademais de ofrecer unha alternativa de ocio a rapaces e rapazas de 12 a 16 anos, preténdese ademais que os participantes descubran a riqueza e os recursos cos que conta a cidade e o medio no que viven, que aprendan a coidalos e respectalos. O campamento urbano é unha actividade que Xuventude oferta de balde para os participantes e contou cunha excelente acollida.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Agos 2019  
L
M
X
J
V
S
D
     
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2019. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -