_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Xa está operativa a App gratuíta do Vaibike!

O servizo municipal de préstamo de bicicletas, o Vaibike!, ten xa dispoñible para o público a App que permite ao usuario estar ao corrente en tempo real da dispoñibilidade de bicicletas nas estacións do municipio, comunicar incidencias e mesmo darse de alta. A aplicación pódese descargar de xeito gratuíto no teléfono móbil a través do enlace https://play.google.com/store/apps/details?id=com.oscsacha.labici
23.07.2016.- A App é unha ferramenta de moita utilidade para o usuario que dende o seu propio teléfono pode saber qué estación do Vaibike se atopa máis próxima ao seu emprazamento (para o cal terá que ter activado o GPS do teléfono) e coñecer cantas bicicletas hai dispoñibles en cada unha das estacións a tempo real. Isto facilita ao usuario achegarse a estación máis próxima para retirar ou devolver unha bici e tamén evita que situacións como que a persoa se achegue a unha estación e nese momento non haxa bicicletas dispoñibles.

A través da APP, os usuarios tamén poden darse de alta no servizo de igual xeito que se o fixeran nas terminais que hai en cada estación. Non obstante, esta posibilidade aínda tardará uns días e estar operativa xa que a concesionaria está rematando o deseño da web a través da que se poderá realizar o trámite.

A aplicación que ofrece Labici é válida tanto para para Vilagarcía como no resto dos municipios onde a concesionaria a empresa xestiona servizos similares de aluguer de bicicletas: Ponferrada, Murcia, Benidorm, Altea, Majadahonda, Gandía e Xetafe. Esta información é de moita utilidade posto que as persoas que dispoñan de tarxeta do Vaibike en Vilagarcía poderán usar tamén o servizo nestes ouros edificios sen custe engadido.


O Vaibike inaugurouse o pasado sábado, aínda que os altas no servizo comezaron a tramitarse o luns. Os interesados deben realizar o trámite directamente nas terminais instaladas nas cinco estación habilitadas polo de agora: O Cavadelo, Praza da Estación (Renfe), Alameda de Carril, Parque dona Concha en Vilaxoán e O Piñeiriño. O procedemento é moi fácil, case como utilizar un caixeiro automático, xa que a terminal lle vai indicando os pasos a seguir.

Os prezos do VaiBike son 3 euros por día, 10 por unha semana, 15 por un mes e 24 por todo o ano.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -