CONCELLO
O Castelete habilitarase como Praia Canina Vilagarcía contará en breve unha Praia Canina, un espazo reservado e autorizado para o esparexemento dos animais domésticos. A zona, que xa está sendo utilizada por algunhas persoas que levan alí ás súas mascotas a que xoguen e darse un baño, acondicionarase coa instalación de vaias que impidan que os animais saian cara á estrada e con papeleiras para o depósito de excrementos.
16.07.2016.- O Concello conta xa co visto bo de Costa e das asociación veciñais da zona para levar a cabo esta iniciativa que, por outro lado, estaban a demandar numerosos propietarios de cans. O espazo é o máis axeitado tendo en conta que esta franxa litoral, situada fronte as naves de Pita, non é utilizada por bañistas e sí por donos de cans que xa os levan alí a refrescarse, especialmente coas altas temperaturas do verán.
A praia canina súmase aos parques para cans que o Concello comezou a habilitar. O primeiro deles, o situado en Fexdega, completarase a finais de mes posto unha vez que se reciba o material restante para acabar a actuación. Como xa se dixo, ademais de ir valados e debidamente sinalizados, os parques caninos disporán de xogos de agility, papeleiras para o depósito dos excrementos e fontes para que os animais poidan beber. Tras o de Fexdega, habilitaranse o dio Piñeiriño e o de A Tomada (Carril). A dotación de espazos reservados para cans completarase coa Praia Canina do Castelete.