CULTURA
Estrelas nacionais e internacionais se dan cita no festival de blues de Vilagarcía, Vilablues CONSULTA AQUÍ O PROGRAMA COMPLETO Keith Dunn, unha lenda viva do blues, e a súa banda son a cabeza de cartel do festival de blues que, baixo a marca de Vilablues, congregará a na cidade a estrelas nacionais e internacionais nunha serie de concertos, todos gratuítos, entre o 22 e o 24 de xullo. O festival, que recolle a estela do Rita ´N Blues, pretende converterse nunha referencia nacional deste estilo musical, seguindo o exemplo do Hondarribia Blues Festival.
30.06.2016. “Do mesmo xeito que xa temos consolidados outros proxectos deportivos e culturais, queremos apostar por outro espectáculo que nos diferencie na oferta respecto doutros concellos”. Así argumentou o alcalde, Alberto Varela, a aposta polo Vilablues, de cuxa organización se encarga Blues Rock and Road, que dirixe Gumer Ameijón. Ademais de Keith Dunn, que ten recorrido practicamente todo o mundo coa súa música, no cartel do Vilablues figuran tamén os Travellin Brothers, unha banda vasca que encandilará ao público, e o harmonicista de orixe compostelán Marcos Coll, unha figura recoñecida internacionalmente e que para o Vilablues actuou case como un padriño, ao ser o contacto coa maior parte dos artistas que participan no festival.
Fede Aguado, Edu Manazas ou Stephano Ronchi forman parte do elenco, no que tamén participará a Vilablues Band, comandada polos irmans Barez Bross, con ampla experiencia no mundo do blues despois de acompañar a numerosas bandas en diversos festivais e xiras. Salvo un obradoiro de baile (5€ a inscrición), todas as demais actividades, incluída unha Romaría Blues e unha Jran Jam na que participarán practicamente todos os artistas, na praza da Peixería, terán carácter gratuíto.
Consulta aquí o PROGRAMA COMPLETO e o currículo de cada artista: