_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
XUVENTUDE
Os Campamentos Urbanos de Verán abren un prazo extraordinario de inscrición para situacións sobrevidas

O Concello de Vilagarcía abrirá un prazo extraordinario de inscrición nos Campamentos Urbanos de Verán co obxecto de atender as necesidades de conciliación que puideran terse producido despois de pechado o prazo ordinario, o pasado 30 de abril xa que maio é un mes no que moitas persoas en situación de desemprego acceden a contratos laborais para a temporada de verán. As familias que se atopen nesta situación poderán presentar as solicitudes no 1 ao 7 de xuño no Concello. Ademais cumprir os demais requisitos recollidos nas bases publicadas no seu día e que se poden consultar no taboleiro de anuncio da web municipal, así como o anexo correspondente ao prazo extraordinario.
30.05.2016.- Este prazo extraordinario, ademais de dar opción a estas familias que noutras circunstancias quedarían fora do programa, servirá para cubrir as posibles vacantes que teñan quedado tras a baremación das solicitudes presentadas durante o prazo ordinario.

Poderán solicitar praza os nenos e nenas nados entre o 1 de xaneiro de 2009 e o 31 de decembro de 2012 empadroados no Concello de Vilagarcía de Arousa, que formen parte dunha unidade familiar na que ambos proxenitores ou titores teñan unha actividade laboral ou participen nun proceso de formación regrado ou oficial, durante os meses de xullo e agosto no horario de desenvolvemento do servizo.

Os Campamentos Urbanos de Verán son un programa de conciliación posto en marcha polas concellerías de Xuventude e Benestar Social que, por segundo ano consecutivo, conta coa opción de servizo de comedor. O servizo prestarase no CEIP da Escardia durante os meses de xullo e agosto en horario de mañá (de 9 a 14 horas, ou a 15 horas en caso de contar con praza de comedor), pudendo os interesados solicitar os dous meses do programa, un deles ou dividilos nas quincenas que desexen para acomodalos cons períodos vacacionais dos proxenitores.

As solicitudes presentadas neste prazo extraordinario para situacións sobrevidas baremaranse segundo as bases e a admisión realizarase segundo a orde de solicitude no Rexistro. A listaxe provisional de admitidos a través desta quenda especial publicarase o 14 de xuño, establecéndose os tres días seguintes hábiles como prazo de realización de reclamacións. A listaxe definitivo publicarase o 21 de xuño. Confeccionarase unha lista de agarda cos/as solicitantes excluídos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -