_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A Xunta xa está en disposición de sacar a licitación a obra do ximnasio de Rubiáns

O proxecto para a reforma integral do ximnasio co CEIP de Rubiáns elaborado polo Concello recibiu esta semana a conformidade definitiva da Consellería de Educación polo que o departamento autonómico xa está en disposición de sacar a obra a licitación. A previsión é que os traballos se executen durante as vacacións escolares de verán para que a nova aula de ximnasia poida estar operativa o vindeiro curso.
28.05.2016.- En vista do axustado dos tempos, decidiuse axustar o proxecto ata o presuposto final de 200.000 euros, co obxecto de axilizar a licitación da obra por parte da administración autonómica xa que, segundo a súa normativa, as obras de ata 200.000 euros máis IVA poden contratarse vía invitación, o que acurta os prazos. Os cambios foron introducidos no documento baixo a supervisión dos técnicos da Consellería e non supoñen merma algunha na calidade dos materiais xa que se limitaron a aspectos estéticos e de acabados. Rematado o proxecto e tras recollerse tamén as distintas suxestións realizadas dende Educación en diferentes etapas da elaboración do documento –causa de que se demorase máis do previsto- agora a Consellería simplemente ten que licitar.

Como se sabe, a reforma do ximnasio do colexio de Rubiáns financiarase a partes iguais entre a administración local e a autonómica. Aínda que a competencia neste tipo de obras é exclusiva da Xunta de Galicia, o goberno de Alberto Varela ofreceuse a colaborar no financiamento para poñer fin a longa situación de precariedade que padecían dende facía anos os alumnado e profesorado do centro que tiñan que realizar as clases de educación física nun pavillón no que chovía polo tellado , filtraba auga polas paredes e a humidade do chan o convertía nunha superficie esvaradía e altamente perigosa.

A principios do mes de maio o alcalde, Alberto Varela, e o conselleiro de Educación, Román Rodríguez asinaron en Pontevedra o convenio para cofinanciar esta obra. Cada administración achega 130.000 euros, aínda que a aportación total do Concello é superior xa que tamén se tivo que encargar de redactar o proxecto, algo que habitualmente fai a propia Consellería. Tamén grazas ás xestións municipais conseguiuse que a obra incluíse a construción de aseos para uso do ximnasio, instalacións das que carecían e que Educación non prevía. Os fondos municipais xa están dispoñibles e proceden da suma de remanentes de outros exercizos económicos.

Os traballos consistirán no illamento exterior e interior do edificio, facilitando a estanquidade e illamento térmico das paredes e solo. Neste último caso elevarase o nivel do solado que se dotará dun sistema drenante, de xeito que a auga non suba por capilaridade. Igualmente será substituída a totalidade da cuberta, a actuación que máis tempo precisará. Por último dotarase ao ximnasio duns aseos propios, de xeito que así os rapaces poderán ir ao baño sen saír do recinto e polo tanto facilitando a labor de vixilancia do profesorado.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -