_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
A Fundación recupera a Escola Infantil de Remo na oferta de actividades deportivas de verán

A oferta de actividades deportivas infantís organizadas para os meses de verán pola Fundación Municipal componse da escola de remo, as actividades multideportivas a desenvolver na praia e ás clases de patinaxe en liña. As actividades impartiranse os meses de xullo e agosto, pudendo optar os interesados a un mes, ao á temporada completa de verán. A cota é de 12 euros por un mes e 18 polos dous, prevéndose as correspondentes bonificacións. O prazo de inscrición para calquera das tres modalidades vai do 6 ao 27 de xuño e o trámite debe realizarse nas dependencias da Fundación (Fexdega) en horario de 9 a 14 horas.
27.05.2016.- Na Escola Multideportiva de Verán, na que engloban as actividades de multideporte e patinaxe poderán participar nenos e nenas nados entre os anos 2000 e 2009. As actividades multideportivas celebraranse nas praias da Concha Compostela dous días á semana en horario de mañá e con sesións de hora e media de duración cada día. As clases de patinaxe serán un día á semana, tamén cunha duración de hora e media, e celebraranse no recinto de Fexdega en horario de mañá.

A Fundación de Deportes organiza a Escola de Remo coa colaboración do Club de Remo Vilaxoán, cuxos monitores serán os encargados de impartir a actividade destinada a nenos e nenas nados entre os anos 200 e 2006 co requisito de que saiban nadar. Ofértanse 30 prazas. A actividade desenvolverase na Praia de Vilaxoán.

A cota xeral por asistir ás actividades deportivas de verán é de 12 euros por un mes e 18 polos dous. Non obstante, será de balde para os posuidores do carné da Fundación e establécense bonificacións a familias numerosas e en base ao nivel de ingresos da unidade familiar chegando a ser de balde.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -