_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
O Concello recupera as axudas municipais ao Plan Madruga de Infantil e Primaria

O Concello de Vilagarcía recupera este ano as axudas municipais para contribuír ao financiamento do Plan Madruga de conciliación da vida familiar e laboral que prestan as ANPAS dos centros educativos do municipio. A Xunta de Goberno Local de Vilagarcía aprobou esta mañá as bases das subvencións que as Anpas de centros de educación Infantil e Primaria poderán comezar a solicitar xa e para o cal a Concellería de Educación que dirixe Argimiro Serén dispón de 10.000 euros para o ano 2016.
02.05.2016.- As axudas municipais ao Plan madruga foron retiradas polo goberno do Partido Popular co seu primeiro orzamento municipal e o executivo socialista de Alberto Varela as recupera tamén co seu primeiro orzamento por considerar que se trata dunha medida de apoio vital para a prestación dun servizo necesario para que as familias cuxos proxenitores entran a traballar antes do inicio da xornada escolar, poidan deixar aos seus fillos nos centros educativos ás oito da mañá, atendidos por monitores ata a hora de entrada ás aulas. A convocatoria enmárcase nas políticas sociais que están a marcar a acción do goberno de Varela Paz.

A Concellería de Educación remitirá mañá mesmo as bases e a documentación a todas as ANPAS dos centros de infantil e Primaria do municipio para informarlles da convocatoria. As axudas están dirixidas aos centros do municipio sostidos con fondos públicos e para os obradoiros de mañá que estean atendidos por persoal especializado e4 no que os nenos realicen actividades lúdico educativas como pintura, lectura, xogos tradicional ou reciclaxe entre outras.

Dado que os orzamentos municipais abarcan un ano natural, esta convocatoria servirá para financiar os Plans Madruga realizados de xaneiro a xuño e de setembro a decembro. Para o primeiro semestre do actual curso o prazo de solicitude ábrese mañá, 3 de maio e as ANPAS interesadas disporán ata o día 28 de maio para presentar a documentación precisa. Para estes cinco meses disponse dunha partida de 6.000 euros.

Para os primeiros meses do próximo curso escolar (de setembro a decembro) abrirase un novo prazo de solicitude que irá do 15 de setembro ao 15 de outubro. A partida destinada as axudas para estes tres meses e medio de curso ascende a 4.000 euros.

A suma máxima que se concederá a cada colectivo será de 100 euros por mes, e sempre que se cumpra o requisito de ter unha media mensual de 7 alumnos.

As bases están penduradas no taboleiro de anuncios da web municipal http://www.vilagarcia.es ,
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -