_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
XUVENTUDE
A mocidade decidirá a temática dos cursos de cultura urbana, arte e cociña a organizar en Vilagarcía

Os mozos e mozas de Vilagarcía poderán elixir a temática dos obradoiros e alternativas de lecer que desecan que se impartan na cidade dentro do programa Depo Ruárte que organiza a Deputación Provincial. O organismo provincial concederá ao Concello as actividades que demande a mocidade, polo que a Concellería de Xuventude anima á xuventude a cubrir o formulario on line indicando as súas preferencias entre a innovadora e variada oferta existente e que se vertebra en torno á cultura urbana.
30.04.2016.- O programa RúArte conta con cinco bloques temáticos relacionados coa música, o deporte, o arte urbano, as novas expresións artísticas ou a cociña-

No bloque denominado MusicARTE, os mozos e mozas de Vilagarcía poderán demandar por exemplo obradoiros de Break Dance, Rap, Funky, Hip-Hop ou sobre O teu corpo: un instrumento. No módulo RúARTE ofértanse cursos de Slackline, Monopatín e o obradoiro “Sobre rodas”.
No apartado UrbanARTE, poden optar a actividades de Graffiti, Xogos malabares e monólogos na rúa; mentres que en CreArte terán a oportunidade de aprender a crear historietas, fanzines ou curtametraxes co móbil.

Por último, e dado o interese que a cociña ten tamén entre a mocidade ofértanse os cursos de cociña tradicional, vegana e vexetariana, internacional e de sobremesas a través das actividades denominadas A Cociña da Avoa, Cociña en verde, O mundo do Prato, Adózate e Coitelería e Batidos sen alcohol.

Dado que as actividades e a temática das mesmas concederanse en función á demanda dos usuarios, a Concellería de Xuventude que dirixe Sonia Outón anima á xuventude de Vilagarcía a manifestar as súas preferencias cubrindo o formulario dispoñible no enderezo http://www.depo.es/depo-ruarte/participa
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -