_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
A Mostra Musical do Eixo Atlántico contará coa participación de 19 cidades de Galicia e Portugal

O alcalde de Vilagarcía, Alberto varela e o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoan Mao, presentaron hoxe no Concello a V Mostra Musical do Eixo Atlántico. O evento, creado e promovido dende o Concello de Vilagarcía celebrarase no Auditorio Municipal a fin de semana do 23 e 24 de abril e contará con 198 estudantes de de Conservatorios de 19 cidades de Galicia e Portugal integradas na eurorrexión. A edición de 2016 renderá homenaxe ao compositor luso Eurico Carrapatoso.
12.04.2016.- A Mostra Musical do Eixo Atlántico ten carácter bienal polo que nesta quinta edición cumpre xa una década de vida baixo este formato de ámbito transfronteirizo, posto que naceu anos antes como a Mostra de Xóvenes Intérpretes, un evento de carácter local promovo pola asociación de país e nais do ensino musical de Vilagarcía como medio de dar a coñecer e promocionar o talento dos alumnos da Escola Municipal de Música Bernardo del Río e do Conservatorio Municipal de Vilagarcía.

O alcalde fixo referencia aos inicios da Mostra durante a presentación, agradecendo aos promotores da iniciativa e ao entón alcalde de Vilagarcía, Javier Gago, que e a amplitude de miras suficiente para decatarse do gran potencial que tiña este evento e propoñer a súa organización a través do Eixo Atlántico. Varela tamén agradeceu a excelente acollida e o apoio que o organismo prestou a esta iniciativa “xa que a Mostra non chegaría a ter a repercusión que ten de non ser polo Eixo e o poder de convocatoria que ten”.
O secretario xeral do Eixo comentou ao respecto que “nos o único que facemos é potenciar as boas ideas , e cando se nos plantea esta, pareceunos algo magnífico porque reunía aspectos como a cultura, a educación e a promoción dos xóvenes talentos. No non nos equivocamos, como demostran que en so cinco edicións, a Mostra Musical do Eixo Atlántico se ten convertido en todo un referente da cultura musical en toda Galicia e norte de Portugal”.

Mao aportou datos da participación para ilustrar a positiva evolución da Mostra que nas últimas tres edicións incrementouse en torno ao 30%. Na terceira edición, no ano 2012 o evento contou con 38 actuacións de 14 cidades, mentres que na edición deste ano, a quinta, haberá 55 actuacións e 19 cidades representadas.

Ademais de dar a coñecer o talento dos músicos que se están formando en Galicia e norte de Portugal nunha estratexia de márketing que está a ter moi bo resultado , outro dos aspectos máis importantes deste evento é a súa vertente de creación de emprego, xa que, como salientou o secretario do Eixo, “a Mostra serve para que os Concellos comecen a contratar a eses rapaces para as súas programacións culturais”.

Tamén para promocionar e dar a coñecer a calidade dos compositores e músicos en activo actualmente na eurorrexión, a Mostra dedícase cada ano a una figura destacada. Este ano o homenaxeado é o compositor e profesor de música luso Eurico Carrapatoso, de Mirandela.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -