_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
Vilagarcía explora as vías de financiamento de proxectos de eficiencia enerxética e enerxías renovables

O Concello de Vilagarcía pretende avanzar na implantación de sistemas de aforro e eficiencia enerxética no ámbito público municipal. Co obxecto de explorar as posibles vías de financiamento e de subvención para poñer en marcha proxectos deste tipo, o concelleiro de Medio Ambiente, Lino Mouriño, e a edil de Facenda, Luz Abalo, asistiron hoxe á xornada informativa organizada pola Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña, que se celebrou na cidade herculina.
11.02.2016.- O interese do goberno local por esta sesión céntrase na posibilidade de acadar fondos para continuar a renovación do alumeado público das rúas con lámpadas led que, ademais de mellorar as condicións lumínicas, consumen moita menos enerxía e, polo tanto, aforran custes ao concello. A ampliación destes métodos a iluminación, calefacción e sistemas de quentamento de auga en edificios e instalacións públicas, como por exemplo Concello, Biblioteca, Fexdega, pavillóns deportivos e centros socio culturais.

A xornada, na que participaron expertos e técnicos de diferentes sectores, así como representantes de administracións públicas, abordou aspectos como as a axudas que ofrece a Unión Europea ás administracións locais. Tamén se afondou en temas como a Planificación Técnico financeira de proxectos de alumado publico led ou os Proxectos para a rehabilitación enerxética de edificios existentes.
No eido do financiamento autonómico, expuxéronse as liñas existentes para iniciativas relacionadas coa biomasa, enerxías renovables como eólica ou solar, e proxectos de aforro e eficiencia.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -