_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
A do sábado será una gran Noite de Retranca con Quico Cadaval e Javier Varela no Auditorio

Situacións do día a día, personaxes famosos, grandes desastres e mesmo sanguinolentas revolucións políticas sociais poden ser susceptibles de facer botar unhas risas. Un excelente exemplo de que isto é así terémolo o sábado, 28 de novembro no Auditorio, onde Quico Cadaval e Javier Varela tirarán de retranca para arrancar as gargalladas do público dende cadanseu particular estilo humorístico.
25. 11. 2015.- Este espectáculo en forma de monólogo chega da man de Producciones Ravaviero e a través das dúas Noites de Retranca” un programa que leva rulando polos escenarios galegos seis anos consecutivos cunha excelente acollida de público (máis de 40.000 espectadores) e que ten como protagonistas aos humoristas, monologuistas e cómicos galegos.

Nesta ocasión, as Noites de Retranca chega na Vilagarcía con Quico Cadaval e Javier Varela. O primeiro: autor e director de teatro, monologuista, actor, contacontos e veciño da Ría: E o segundo, lucense de terra adentro, monologuista, presentador e actor coñecido polas súas aparicións en programas da televisión autonómica ou en series como “Cuéntame”.

Cadaval e Varela actuarán xuntos por primeira vez o sábado en Vilagarcía. A estrea deste espectáculo amosará un pulso entre dous artistas que teñen un xeito diferente de facer humor e de expresar a súa retranca. O de Riveira, a través da sabiduría popular e como si estivese a contarche unha historia mentres tomas unha cunca, e o de Chantada dunha forma máis rápida no xeito de contar, tipo os espectáculos de monólogos americanos, e no que inclúe a música.

Cavadal abordará eses temas próximos a todos nos e, en especial, o humor negro que temos os galegos que nos fai rir ata de cousas como a morte, ou mesmo situacións tan tráxicas como os naufraxios ou os afogamentos. E Varela será capaz de enlazar o episodio histórico e sanguinolento da Revolución Rusa coa situación que atravesa Iniesta na etapa final da súa vida futbolística e os problemas da súa branca pel.

O espectáculo do sábado comeza ás 21:00 horas. O prezo das entradas é de 6, 8 e 10 euros e pódense adquirir anticipadamente a través de Ataquilla.com (máis custes de xestión) e o día da función a partir das 19:00 horas na billeteira do Auditorio.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -