_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
URBANISMO
Concello e Eptisa fixan para o día 20 a seguinte xuntanza de traballo para a revisión do PXOM

A segunda reunión de traballo conxunta entre o Concello e a empresa encargada da revisión do Plan Xeral de Ordenación municipal, Eptisa, celebrarase o día 20 de outubro en Ravella. O lan de Ordenación do litoral e os criterios de mellora da mobilidade na cidade son os dous principias puntos a abordar cos técnicos nesa sesión.
02.10.2015.- A concelleira de urbanismo, Paola María, e os técnicos municipais mantiveron diversos contactos con Eptisa dende o primeiro encontro de traballo celebrado no mes de xullo para establecer as bases para reactivar a revisión do Plan de ordenación urbanística. Deste xeito, os redactores en colaboración cos técnicos municipais puideron ir adiantando algúns dos asuntos que se abordarán na reunión do día 20.

Un deles é o encargo que o goberno de Alberto Varela les fixo de incluír na revisión un Plan de Ordenación do Litoral, documento que non estaba previsto inicialmente e que, consecuentemente implicará un custe engadido aos traballos contratados. O executivo socialista considera imprescindible este estudo para unha cidade como Vilagarcía, que debe vivir cara ao mar, coidando a fachada litoral de xeito respectuoso coa ría e tratando de argallar fórmulas que solucionen os actuais impedimentos que se atopan hoxe en día os propietarios para rehabilitar ou construír vivendas en núcleos urbanos consolidados da liña costeira.

O segundo punto principal da orde do día da segunda reunión de traballo será a definición de criterios para mellorar a mobilidade en Vilagarcía. O municipio encargu durante o mandato de Dolores García o pirmeiro Plan de Mobilidade, un documento que recolle medidas dificilmente executables a medio prazo que debido aos cambios sufridos na cidade e tamén á diferente situación económica. Por esta razón, o equipo de Varela Paz pretende introducir na revisión do PXOM uns criterios de mellora da mobilidade que sí se poidan ir acometendo a curto e medio prazo para que comecen a dar os seus froitos canto antes, incidindo no modelo que persigue o goberno socialista dunha cidade cómoda e agradable onde os peóns sexan o principal protagonista e que, á vez que logre mellorar a fluidez do tráfico polas vías principias.

No encontro deste mes tamén se analizarán as medidas que se poden incluír no plan para restrinxir a implantación futura de grandes superficies comerciais.

En principio, o goberno pretendía que esta segunda reunión conxunta se celebrase a principios do mes de outubro, pero compromisos dos técnicos de Eptisa impedían reunir a todo o equipo nesas datas, polo que o encontro pospúxose uns días para garantir que coa presenza de todos os expertos se poida avanzar máis na revisión.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -