_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MULLER
Os obradoiros de igualdade regresan aos educativos de Primara e Secundaria para previr a violencia de xénero

A Área de Igualdade do Concello de Vilagarcía pon en marcha unha nova edición dos Obradoiros de sensibilización nos centros educativos de Primaria e secundaria. A iniciativa, que ten como obxectivo promover a igualdade entre sexos e previr a violencia de xénero, chegou o curso pasado a un total de 700 alumnos e alumnas do municipio. Ademais, o proxecto foi galardoado pola Secretaría do Estado de Servizos Sociais e Igualdade.
02.10.2015.- Os obradoiros realizaranse entre os meses de outubro e maio deste curso escolar 2015-2016 e impartiranse nos propios centros pola pedagoga e axente de igualdade do Centro de Información á Muller (CIM). A proposta do departamento que dirixe Tania García Sanmartín xa se remitiu aos colexios e institutos da cidade a efectos de que sexan eles os que confirmen as datas e horarios que máis lle conveñen para a impartición das sesións de sensibilización.

Segundo a memoria das actividades realizadas o curso pasado, os Obradoiros de Igualdade son unha actuación valorada de xeito moi positivo tanto por parte do profesorado coma do alumnado, e tamén se considera moi apropiada a efectos de conseguir efectos a curto e medio prazo entre a poboación infantil e xuvenil, ao ir interiorizando dende cativos os principios de igualdade e respecto que deberían rexer as súas condutas de mozos e adultos.


A actuación enmárcase dentro da área IV do II Plan de Igualdade do Concello de Vilagarcía: Educación en Igualdade, e ten dúas vertentes:

Intervención con nenos e nenas
Por unha banda os obradoiros dirixidos a 5º e 6º de primaria, que constan de 5 sesións dunha hora de duración e teñen coma obxectivos potenciar actitudes e comportamentos de igualdade entre os xéneros, desenvolver actitudes cooperativas entre nenos e nenas, analizar a importancia do traballo invisible e promover actitudes de corresponsabilidade dentro do fogar. Ademais diso, a través de diversa metodoloxía didáctica (audiovisuais, xogos interactivos, fichas e debates...) preténdese que o alumnado chegue a detectar os estereotipos e prexuízos sexistas que teñen, facilitando cambios na súa actitude e no seu comportamento.


Actuación con adolescentes da ESO
Por outra banda, están os obradoiros dirixidos a 4º da ESO, que este ano ademais, foron premiados no Concurso de Boas Prácticas Locais contra a Violencia de Xénero posto en marcha pola Secretaría do Estado de Servizos Sociais e Igualdade.

Estes obradoiros constan de dúas sesións de dúas horas cada unha e teñen como obxectivo principal a prevención da violencia de xénero na adolescencia, analizándoa como a manifestación máis extrema das desigualdades que existen entre mulleres e homes. Deste xeito, e a través de mecanismos e experiencias próximas ao alumnado (música, cine, experiencias reais...), traballarase cómo se constrúe a masculinidade e feminidade; identificaranse de xeito crítico os estereotipos de xénero e as distintas desigualdades entre mulleres e homes na realidade que os rodea; e sobre todo, analizarase o modelo de relacións afectivas entre mozos e mozas dende a perspectiva de xénero para contribuír á creación de novas formas de relacións en igualdade e levar adiante relacións afectivas sas e non destrutivas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -