_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
Ábrese o prazo para solicitar ou renovar o carné da Fundación Municipal de Deportes para o curso 2015/16

A Fundación Municipal de Deportes abriu hoxe, 1 de setembro, o prazo para tramitar o carné para a temporada 2015/16 na modalidade de nova concesión ou renovación. O carné, nas súas diferentes modalidades, permitirá ao usuario ou usuarios acceder de forma totalmente gratuíta ás actividades deportivas que imparte a Fundación ao longo do curso. As taxas do carné mantéñense nas mesmas sumas que os últimos anos, ao igual que as bonificacións.
Segundo as taxas aprobadas hai dous anos e que se manteñen para a temporada que comeza no mes de outubro, o carné familiar terá un prezo anual de 60 euros, mentres que o bonificado será de 50. O carne individual sénior custará 45 euros, mentres que o bonificado obterase por 30. Ademais, mantense o carné xoven por 30 euros por ano, cantidade similar que custará a tarxeta para menores de idades e tamén para maiores de 65 anos.

A obtención do carné da Fundación permitirá aos seus beneficiarios participar de balde nas actividades deportivas de inverno que organiza o Concello. Tamén se pode optar por anotarse directamente ás actividades desexadas sen ter o carné, para o cal deberán abonar a cota correspondente a cada actividade. O prazo de inscrición nas actividades abrirase a mediados de setembro.

Os interesados deben realizar o trámite de solicitude ou renovación nas dependencias da Fundación, no multiusos de Fexdega, de luns a venres e en horario de 9 a 14 horas. Os formularios poden recollelos alí ou imprimir dende o taboleiro de anuncios da web municipal.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -