_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
Adxudicado o acondicionamento dos terreos do contorno do campo de fútbol de Bamio

A Xunta Local de Goberno aprobou hoxe o último dos trámites que faltaban para poder iniciar a obra de mellora do campo de fútbol de Bamio. Despois de que a semana pasada se aprobara a compra dos terreos qub faltaban a tres propietarios, na reunión celebrada esta mañá o goberno adxudicou á empresa Marco os traballos de ampliación da explanada e adecuación do contorno do campo a efectos permitir a realización do proxecto que prevé a ampliación das instalacións deportivas e a dotación de herba artificial no terreo de xogo.
31.08.2015.- As obras iniciaranse tan pronto como a empresa presente a documentación e asine o contrato. Marco tamén é a adxudicataria da primeira fase do proxecto, á relativa ás instalacións deportivas propiamente ditas, polo que os traballos realizaranse de forma continua e sen pausa unha vez comecen as obras. A primeira fase das obras financiarase cunha subvención da Deputación Provincial que ascendía a 475.000 euros. A segunda, incluída a compra dos terreos, finánciase con fondos municipais.


Con este trámite ponse punto e final a un longo e tortuoso proceso que fixo que a mellora do campo de fútbol de Bamio acumule un ano de atraso. En apenas dous meses, o goberno que preside Alberto Varela conseguiu desbloquear a situación que se encontraba atascada debido a que o proxecto redactado superaba as medidas reais do campo. O executivo socialista xestionou a adquisición dos terreos que faltaban negociando con propietarios da zona, modificou o proxecto para adaptalo ás novas condicións amplialo con novos servizos, buscou a financiamento para a compra e para acometer o acondicionamento dos mesmos e contrato os traballos.

Con este proxecto reformado, o campo poderá ampliarse de xeito que o terreo de xogo conte coas dimensións regulamentarias para a práctica de varias disciplinas deportivas, como por exemplo o rugby. Ademais, ampliación permitirá construír aseos, un servizo do que o proxecto inicial prescindía. Entre outros aspectos, as obras de mellora no campo de fútbol de Bamio consisten basicamente en dotar ao actual campo de céspede artificial, mellorar a iluminación do recinto e dotalo de sistema de rega e drenaxe e distintos elementos para a práctica deportiva como porterías para fútbol 11 e fútbol 7 e bancadas para os equipos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -