_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
A calidade das augas das praias da Concha Compostela cumpre os requisitos para o baño dende o xoves

As augas das praias da Concha-Compostela cumprían xa o xoves os requisitos de calidade que establece a lei para as zonas de baño. A analítica da mostra tomada ese día e que se recibiu esta mañá no Concello, demostra que os niveles de Escherichia coli xa se atopaban ese día por debaixo do máximo permitido. A bandeira verde volve a ondear nos areais urbanos dende hoxe. O concelleiro de Medio Ambiente, Lino Mouriño, lamentou que a comunicación de Sanidade non chegase o venres para evitar os prexu´`izos que a efectos de imaxe supuxo que durante toda a fin de semana tivera que permanecer izada a enseña amarela que desaconsella o baño ata dispor dos datos confirmados.
31.08.2015.- A bandeira amarela nas praias da Concha Compostela izouse o xoves tras coñecerse detectarse na mostra analizada a principios desa semana que os niveis de fecais rebasaban lixeiramente o máximo que permite a lei.

Os resultados da mostra tomada o luns indicaban que a concentración de Escherichia Coli situábase en 1.650 NMP/100 mililitros, cando o nivel máximo permitido está fixado en 1.500. Aínda que a diferenza é leve, ao superarse o límite, o protocolo establece que debe izarse a bandeira amarela desaconsellando o baño ata que remita o episodio. Ese mesmo día a Conselle´ria de Sanidade tomaba outra mostra das augas para realizar a contra análise, comprometéndose a remitir os resultados coa maior brevidade. O edil de Medio Ambiente confiaba en que istos chegasen a última hora da mañá do venres ou a primeira da tarde, pero non aconteceu así, polo que, ao non dispor de datos confirmados, por precaución tivo que manterse izada a bandeira amarela co conseguinte prexuizo para a imaxe das praias urbanas de Vilagarcía.
Para evitar este tipo de situación, o edil prega á Xunta máis axilidade de darse máis casos de este tipo.

Un episodio similar se producira quince días antes. Nesa ocasión déranse as mesmas circunstancias que no da semana pasada: un episodio microbiolóxico puntual, que aparece coincidindo con días de choiva e vento do sur que arrastra todo cara o fondo da ría, e que remite de forma rápida tan pronto como cambia o vento.

Independentemente deste feito, o Concello insiste na urxencia de manter unha entrevista coa Conselleira de Medio Ambiente para abordar a problemática dos verquidos e do saneamento da ría na franxa litoral de Vilagarcía, un asunto no que o goberno local considera que non se pode resolver con parches e que require a implicación de todas as administracións.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -