_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
AVISOS
O Concello desaconsella o baño na Concha-Compostela por un vertido de augas residuais

O Concello decidiu izar hoxe a bandeira amarela e colocar carteis de advertencia desaconsellando o baño na praia da Concha-Compostela logo de recibir un fax, preto das dúas e media da tarde, da Consellería de Sanidade no que se advirte que a última análise das augas detectou a presenza de Escherichia Colli en niveis superiores aos 1.500 NMP/100 ml permitidos segundo a normativa. Ao parecer, o vertido de augas residuais se produciu nun tramo do areal preto do Centro de Interpretación da Ría de Arousa (CIRA).
29.07.2015.- Con independencia de que hoxe mesmo se vai realizar unha contraanálise, de acordo coa normativa –Real Decreto de xestión de calidade das augas e Directiva Europea sobre o mesmo asunto- o concello ordenou pouco despois o izado da bandeira amarela, ao tempo que puxo carteis recomendando "non bañarse temporalmente por contaminación microbiolóxica na auga".

Lamentando o suceso, isto non fai máis que ratificar a petición do goberno local de que, coa intervención directa da Xunta, se afronte dunha vez o comprometido saneamento integral da ría e especificamente do litoral vilagarciá. Como se sabe, a primeira entrevista que solicitou o alcalde, Alberto Varela, con un membro do goberno da Xunta foi, precisamente, coa conselleira de Medio Ambiente e para retomar ese proxecto, anunciado hai case dous anos polo entonces titular do departamento, Agustín Hernández, nunha visita a Vilagarcía.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -