_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
Los Elefantes, Siniestro Total, Delafé y las Flores del Mal e Uxía compoñen o cartel de grandes concertos das Festas de San Roque 2015

O Concello de Vilagarcía fixo público hoxe composición do cartel de grandes concertos da Festas de San Roque de Vilagarcía. A música galega estará representada polos emblemáticos Siniestro Total e por Uxía mentres que a cota nacional cubrirase cos grupos cataláns Los Elefantes e Delafé y Las Flores del Mal. O apartado musical completarase con dúas xornadas de concertos de grupos locais.
23.07.2015.- O alcalde, Alberto Varela e a concelleira de Cultura, Sonia Outón, foron os encargados de presentar o programa das Festas Patronais de San Roque e o cartel de concertos. Pese ás limitación orzamentarias e ao escaso tempo co que se contou para organizar as festas, o goberno optou porque todos os concertos fosen de balde sen renunciar a un cartel atractivo e de calidade. Os grandes grupos actuarán no Parque da Xunqueira a partir das 23:00 horas, mentres que os locais contarán con diferentes escenarios pola cidade.

Los Elefantes serán os encargados de abrir o apartado musical, o venres 17 de agosto. A formación pop-rock liderada por Shuarma conta no seu haber con importantes premios, destacando entre os seus éxitos o aplaudido álbum “Azul”.

A música galega toma o relevo o sábado 18, coa actuación de Uxía. O concerto con tintas folk virá precedido da actuación da Banda de Música de Vilagarcía e o grupo Embruxo de Guillán. A cantante galega cantará acompañada de outros artistas.

A banda liderada por Julián Hernández, os carismáticos, Siniestro Total, subiranse ao escenario da Xunqueira o domingo 19 para facer vibrar a novos e no tan novos con algúns dos seus temas máis clásicos e populares, así como os máis recentes do seu último disco “Paseando sobre el agua” editado este mesmo ano e no que colaboraron artistas como Ses ou Luis Tosar.

O cartel de grandes concertos péchanos os cataláns Delafé y las Flores del Mal. O grupo barcelonés ven pegando moi forte no panorama musical nacional pop-rock.

A Concellería de Cultura está pechando o calendario dos concertos dos grupos locais, xornadas que se presentarán nun acto específico.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -