_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
URBANISMO
O goberno local encarga a Eptisa un estudio integral da fachada marítima para incluír na revisión do PXOUM

O novo Plan Xeral de Ordenación urbana Municipal de Vilagarcía incluirá un estudio específico e integral da fachada marítima do municipio e recollerá as medidas oportunas para impedir a implantación de grandes áreas comerciais. Estes foron so dous aspectos tratados na primeira reunión de traballo que o equipo de Alberto Varela mantivo hoxe cos responsables e técnicos de Eptisa para reactivar a revisión do PXOM despois do estancamento que sufriu no últimos catro anos do goberno popular.
03.07.2015.- No encontro desta mañá participaron por parte do Concello o alcalde, a concelleira de Urbanismo, Paola María e os dous técnicos municipais; mentres que por Eptisa estiveron o delegado da consultora en Galicia, Vicente Halcón, e os arquitectos Alfonso Botana e Ana Bértalo. Aínda que a responsable de Urbanismo xa mantivera conversas previas coa consultora, a de hoxe foi a primeira reunión de traballo propiamente dita e a que serviu para sentar as bases e criterios da revisión.

Varela Paz explicou que o novo PXOUM de Vilagarcía debe plasmar o modelo de cidade proposto polos socialistas e que apoiou a maioría dos vilagarciáns nos pasados comicios. O planeamento terá que ir dirixido a conseguir unha cidade na que o peón sexa o protagonista das rúas, sen problemas de mobilidade e aberta ao mar. Precisamente en relación a este último punto o goberno local dou instrucións a Eptisa de elaborar un estudo integral da fachada marítima de Vilagarcía, xa que o anterior goberno non deixara previsto este aspecto e o equipo de Varela considera “necesario e imprescindible” nunha cidade como Vilagarcía.

Este estudo da fachada marítima pretende que “Vilagarcía deixe de vivir de costas ao mar, debe abrirse e relacionarse de forma sostible e respectuosa coa ría”. Tanto o rexedor como a concelleira de Urbanismo fixeron fincapé en que este estudo debe aportar solucións ás dificultades e impedimentos que atopan actualmente os propietarios para rehabilitar ou construír vivendas nos núcleos urbanos consolidados da liña costeira.

Varela Paz tamén comunicou á consultora a súa intención de crear unha Comisión de Seguimento da revisión do PXOUM da que, ademais do goberno, técnicos municipais e de Eptisa, tamén formen parte todos os grupos da oposición. “Este goberno quere que o proceso de revisión sexa transparente, que todos os grupos da Corporación estean ao corrente dos avances dos traballos e tamén que teñan a oportunidade de presentar as súas propostas e achegas a medida que se vai construíndo o documento”.

Na reunión desta mañá, o goberno tamén manifestou a súa preocupación por que a nova Lei do Solo na que está a traballar a Xunta de Galicia poida interferir na revisión do Plan. Os responsables de Eptisa confirmaron que a tramitación da lei coincidirá case con toda seguridade coa redacción do ordenamento urbanístico vilagarciá, co que obrigará a ir reaxustando o documento sobre a marcha para adaptalo aos cambios que a lei poida establecer.


Unha prioridade do novo goberno

Por último, o goberno local trasladou ao equipo de Eptisa a necesidade de que os traballos avancen coa maior axilidade posible, tendo en conta que o proceso iniciouse durante a época do bipartito PSOE-BNG e de que a tramitación quedou en suspenso nos últimos catro de goberno do PP. Baixo estes preceptos, a consultora comentou que poranse a traballar de inmediato no estudo da fachada litoral e nos planteamentos expostos polo goberno, e ámbalas dúas partes emprazáronse a unha nova reunión para seguir avanzando.

“A diferenza do anterior goberno de Tomás Fole, nós imos a acelerar ao máximo a revisión, porque o PXOUM é un documento esencial para o desenvolvemento do noso municipio; porque retrasalo supón un prexuízo moi grande para a cidade, e porque é un procedemento que require dun investimento público demasiado elevado como para deixalo morrer nun caixón por desidia ou incapacidade”, sentenciou Varela Paz.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -