_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
A Coral de Sobradelo conmemora o seu 30 aniversario coa Máximo Patiño e o Coro Clásico de Vigo

A Coral de Sobradelo abre mañá os actos conmemorativos do seu 30 aniversario cun concerto que terá lugar no Salón García a partir das 21:00 horas. A formación estará acompañada nesta ocasión tan especial pola Coral Máximo Patiño de Vilaxoán e o Coro Clásico de Vigo. A entrada é de balde.
03.07.2015.- A Coral de Sobradelo preparou dous concertos extraordinarios para celebrar con todos os vilagarciáns os seus primeiros 30 anos de vida. A formación naceu en 1985, sendo o seu promotor o párroco de Sobradelo, Daniel Espiño. El foi quen convenceu a algunhas persoas da parroquia a formar unha coral, contando xa dende os inicios coa colaboración de Xesús Portas, que asumiu a dirección, e de Ramón Latas, como co director.

A traxectoria da coral foi ascendente dende o primeiro momento, dándose a coñecer por toda Vilagarcía e tamén en todos os concellos da provincia. Forma parte da Federación Coral Galega dende 1986 e, do seu currículo e palmarés citar, o terceiro premio no “ I Concurso Pelegrín de Panxoliñas e cantos de Nadal”, ou as súas intervencións no programa “ Galicia Cantat” organizado polo IGAEM (hoxe Agadic).

O concerto de mañá abrirao a Coral Máximo Patiño de Vilaxoán que, coa dirección de Modesta Padín, interpretará un programa de música popular composto por temas como Siboney, Gaviotas, Os Meus Amores Rula e Zorongo. Pola súa banda, o Coro clásico de Vigo preparou para o aniversario dos de Sobradelo os temas Cohors Generosa, Boga Boga, Rosina, Aureana do Sil e Colorín.

A coral homenaxeada será a última en actuar en solitario. Baixo a dirección de Ramón Latas e Xesús Portas, os de Sobradelo deleitarán ao público con outros cinco temas de corte tradicional e popular: A Ti, Blanco Velero, Moon River, Que pase ao redor de min? E Unha noite na eira do trigo.

Como colofón ao espectáculo, as tres formacións interpretarán conxuntamente o Cantocorum Iubilo de Haendel, O Voso Galo Comadres, de M. Groba e Lévame.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -