_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SERVIZOS SOCIAIS
O Concello prestará o Servizo de Comedor Infantil de Verán en Fexdega

O Comedor Infantil de Verán que porá en marcha este ano o Concello de Vilagarcía como medida conciliadora e social prestarase finalmente nas instalacións de Fexdega. A concelleira de Benestar Social, Tania García, comentou que a decisión adóptase para unificar o servizo cos Campamentos Urbanos que xa comezaron na Maroma e a efectos de non incrementar máis os custes para as arcas municipais, xa que o Concello carece de axudas económicas doutras administracións.
02.07.2015.- García Sanmartín explicou que, aínda que entenden que o mellor emprazamento para este tipo de servizos son as instalacións escolares, o Concello veuse na obriga de renunciar ao uso do comedor do colexio da Lomba que lle autorizara a Consellería de Educación, porque a maiores dos gastos do contratación do catering, persoal de atención, seguros e limpeza, o Concello tamén tería que asumir o transporte dos nenos que xa están nos Campamentos Urbanos de Verán que organiza Xuventude en Fexdega, posto que o goberno quere ofrecer ambos servizos nun mesmo paquete para facilitar a conciliación das familias. Ademais, estes Campamentos xa tiñan reservado o 20% das súas prazas para nenos e nenas derivados dos servizos sociais e que son usuarios do comedor. Nos Campamentos Urbanos de Verán que comezaron onte en Fexdega participan 120 cativos.

Deste xeito,a demais de evitar custes de transporte e de aportar maior comodidade para os usuarios, tamén se aforra na limpeza do comedor, que xa vai prevista na das instalacións de Fexdega.

A responsable de Benestar Social comentou que xa se dispón de 3 presupostos para o catering e que o presuposto total para a posta en marcha do servizo vaise aos 20.000 euros incluíndo os menús, persoal e seguros. Tania García tamén avanzou que Servizos Sociais están fixando o sistema de baremación para que as familias paguen en función dos seus ingresos. Haberá familias que poidan asumir o custe íntegro do comedor, outras que só abonen o 50 ou 0 25% e, dado o carácter social da iniciativa, tamén haberá nenos que acudan totalmente de balde.

O custe do menú por día oscila entre os 4,50 e os 4’80 euros. En calquera dos casos, trátase de empresas especializadas en menús infantís equilibrados e que contemplan alternativas para nenos con alerxias alimenticias. O prazo de solicitude abrirase a semana que ven.

A concelleira pretende axilizar ao máximo os trámites de contratación a efectos de que o comedor entre en funcionamento o 15 de xullo, aínda que si os prazos legais e administrativos non o permiten, habería que esperar ao día 20. O servizo prestaríase ata o 31 de agosto.

O Comedor Infantil de Verán ofertarase a todos os usuarios dos Campamentos Urbanos e tamén a usuarios dos Servizos Sociais, e contactarase coas entidades sociais do municipio a efectos de que tamén o ofrezan entre os seus usuarios. O número de prazas ofertadas esta primeira edición ascende a 100.

A responsable de Benestar Social advertiu de que a premura de tempo coa que se ten que poñer en marcha este ano o Comedor Escolar de Verán non permite desenvolver o programa tal e como o concibe o goberno local: como un servizo aberto e integrador con fins social e de conciliación a través da oferta conxunta de Campamento de Verán con Comedor, dando a opción aos usuarios de elixir o paquete completo ou so unha das partes.

García Sanmartín explicou que o ano que ven, xa con tempo, organizarase o programa deste xeito e coa idea de que se preste nun centro escolar con comedor. García agradeceu á Consellería de Educación o cambio de actitude que tiveron ao autorizar o uso das instalacións da Lomba, aínda que finalmente, pro cuestións de operatividade e premura, o Concello non faga uso delas este verán. Así a todo, xa anunciou que o ano que ven volverán a solicitar a colaboración da Xunta, confiando en que, ademais das instalacións, a administración autonómica colabore tamén economicamente.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -