_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
XUVENTUDE
Os Campamentos Urbanos de Verán facilitan a conciliación dun cento de familias de Vilagarcía

Fexdega acolleu esta mañá a primeira das sesións dos Campamentos Urbanos de Verán organizados pola Concellería de Xuventude como medida socio educativa e de conciliación. O programa permite este ano que un cento de familias cuxos proxenitores traballan poidan conciliar de mellor xeito a vida laboral coa temporada vacacional dos seus fillos, xa que en total son 120 os nenos e nenas que tomar parte na iniciativa.
01.07.2015.- A concelleira de Xuventude, Sonia Outón, e a de Benestar Social, Tania García, visitaron esta mañá aos cativos para comprobar o desenvolvemento das actividades nesta xornada inaugural e revisar o funcionamento dos campamentos que este ano se integraron por vez primeira en Fexdega.

O motivo de que García Sanmartín acompañase á responsable de Xuventude é que o goberno local ten previsto ligar o ano que ven os campamentos urbanos ao comedor social de verán para que as familias poidan combinar mellor as súas opcións de conciliación e tamén se poidan atender as necesidades das familias con menos recursos a efectos de garantir as necesidades nutricionais dos seus fillos. A idea, que este ano non dou tempo a levar a cabo pola premura coa que o novo goberno tivo que poñer en marcha o servizo de comedor de verán, é que se ofreza un único paquete no os interesados poidan optar polos dous servizos ou so por un deles.


Moito máis que unha ludoteca

Dende Xuventude considérase esencial que esa alternativa de conciliación inclúa unha dimensión socio educativa, adaptada ás idades e gustos dos nenos aos que vai dirixida, de entre 3 e 7 anos, que garanta que os cativos o pasen ben, pero tamén asegurándose de que lle sacan proveito a ese tempo que pasan nos campamentos.

Para iso, cada ano amplíase o programa de actividades a desenvolver cos nenos, de adaptalo e de incluír nun contexto lúdico contidos que incidan positivamente no desenvolvemento social, educativo e cognitivo dos rapaces. E trátase de innovar cada ano, introducindo, por exemplo nesta ocasión, actividades para a aprendizaxe de inglés, obradoiros de cociña divertida, exercizos de relaxación, club de lectura, zumba e ioga infantil. Tamén haberá un Taller de Aloha, baseado na técnica de cálculo con ábaco, para fomentar o desenvolvemento mental dos máis pequenos a través da aritmética e dunha forma lúdica , club de lectura e actividades musicais entre outras.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -