_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
As Festas de Santa Rita despegan con jazz, soul, gaitas e poesía

Aínda que os postos do mercado medieval aterran esta tarde na Xunqueira, as festas de Santa Rita despegan realmente mañá, xoves, cunha xornada na que a música máis diversa tomará as rúas. Os tradicionais pasarrúas durante toda a xornada completan unha oferta que inclúe un concerto de jazz no Auditorio e outro de soul na Xunqueira. Outras ramas do arte tamén terán o seu espazo no programa do día cun recital poético e unha exposición de pintura.
20.05.2015.- A actividade na véspera da festividade de Santa Rita comezará a media mañá coa apertura dos postos do Mercado Medieval no Parque da Xunqueira e cos pasa calles que percorrerán a cidade e que pola mañá correrán a cargo do grupo de gaitas Santa Plácida de Rubiáns.

A característico ambiente romeiro que se concentrará ao longo de toda a xornada nas inmediacións do pazo convento de Vista Alegre, sumaranse a partir das oito e media da tarde os pasarrúas do grupo de gaitas Froallo que servirán de aperitivo á segunda proposta musical da xornada. Concerto da formación de jazz Pablo Vidal Trío que terá lugar no Auditorio a partir das 21:00 horas. O trío presenta na súa localidade o seu primeiro disco “Jazz Pagano”. As entradas pódense adquirir a partir das 19:00 horas no Auditorio por 5 euros.

E a segunda proposta musical será o concerto gratuíto que o grupo Freedonia ofrecerá a partir das 23:00 horas na Xunqueira.

Os amantes da poesía teñen unha cita ás 21:30 horas no Parque do Castriño que servirá de bucólico escenario a “Alma”, un recital homenaxe aos grandes creadores de versos da histórica con especial mención aos poetas Galegos. E os que opten pola plástica, poden visitar a exposición “Nais, espirais” que a pintora María Xiráldez inaugura ás 20:30 horas na sal ade exposicións do Auditorio.



FREEDONIA
Freedonia é unha banda de soul que moi valorada no ámbito musical nacional que cos dous discos que xa ten no seu haber, conseguiu chamar a atención e obter destacados recoñecementos da crítica musical especializada como éxitos de público.

Dez músicos que ofrecen un dos mellores directos de España, segundo a crítica

Dez músicos a cargo das seccións de ventos e rítmica, unidos á potente e sensual voz da cantante solista; compoñen a banda da que a prensa especialidade di que ten “un dos mellores directos que se poden escoitar en España”.

Freedonia chega a Vilagarcía a a presentar o seu último traballo discográfico, “Dignity and Freedom”, publicado o pasado mes de decembro.Este disco presenta once temas propios novos que manteñen o son persoal que define ao grupo e do que xa deron boa conta en “Freedonia”, publicado en 2012, disco recoñecido cos dous premios Pop-Eye (mellor canción nacional por “Haven Bells” e mellor banda de Música negra).

O “JAZZ PAGANO2” DE PABLO VIDAL TRÍO

O músico vilagarcián, Pablo Vidal, xunto con Gabriel Peso e Noli Torres son os integrantes de Pablo Vidal Trío, a formación que mañá presenjta o seu primeiro traballo discográfico que leva por título “Jazz Pagano”. Esta orixinal proposta de jazz-galaico xestada e parida en Vilagarcía conta xa cunha elevada valoración por parte da crítica entendida e cunha excelente acollida de público nas cidades nas que xa foi presentada como Coruña ou Vigo.

“Jazz Pagano” componse de 8 temas compostos por Pablo Vidal. O autor sinala que o disco pode entenderse como unha sinfonía no que os temas teñen unha continuidade e un fío condutor común que é o mar. Aparte de contar cun pai natural de Vilagarcía, o disco pariuse tamén na cidade, xa que se gravou no propio Auditorio Municipal coa colaboración da Concellería de Cultura. E, a maiores, a carátula do CD é unha creación do artista de Vilaxoán Xaquín Chaves.

Vidal presentou o disco e o concerto este mediodía na compaña da concelleira de Cultura Rocío Llovo. O autor explicou que o título “Jazz Pagano” responde a dúas cuestións. A primeira a que o cualificativo fórmase coas primeiras sílabas dos nomes dos membros do trío (Pablo, Gabriel e Noli) e o segundo, xa máis sutil, porque a súa intención era alexarse do jazz academicista que é o que domina a escena actual, para explorar a fusión entre jazz e música tradicional galega ou, dun xeito máis amplo, cos ritmos atlánticos. Para deixar patente esta orixinal experimentación, o tema “O alalá da serea” conta coa colaboración da cantante Uxía.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -