_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Convocan os concursos para os parques infantís da Praia de Compostela e do Parque do Castriño

O Concello vén de poñer en marcha o procedemento de licitación para a creación de dúas novas zonas de ocio e esparexemento infantil. O Diario Oficial de Galicia publica mañá a convocatoria para o subministro e instalación dunha destas áreas na Praia da Compostela e outra no Parque do Castriño. O orzamento de licitación é de 242.000 euros para cada un dos parques.
20.05.2015.- Coa creación destas dúas novas áreas de ocio infantil o goberno local da un paso máis na liña de acción que levou a cabo durante o presente mandato para mellorar e aumentar as zonas de recreo para a poboación máis nova. Para financiar os 484.000 euros que supón a realización destes dous proxectos, o Concello recorreu aos fondos do Plan Provincial de Obras e Servizos de 2015.

As empresas interesadas deberán deseñar propostas adaptadas a cada un dos contornos que se lles indican nas bases. Terán total liberdade para realizar os deseños e propoñer as instalacións ou elementos recreativos que consideren, sempre que se axusten aos criterios que se especifican. Por exemplo, deberán ser xogos axeitados para nenos de todas as idades e condicións físicas, ademais de incluír algún elemento de integración que permita ser usado por nenos con problemas de mobilidades ou minusvalías.

Os equipamentos deberán resultar estimulantes para a imaxinación infantil e servir para o desenvolvemento físico do neno.

Por suposto, todos os elementos deben cumprir coa normativa europea de seguridade tanto no que á instalación e montaxe se refire, como aos materiais, a demais de formar un conxunto homoxéneo e integrarse coa contorna.

No caso das instalacións para o Castriño, o ofertante deberá ter en conta que a proposta deberá obter a autorización da Dirección de Patrimonio da Xunta de Galicia por emprazarse na área de protección do xacemento arqueolóxico do Castro Alobre.

E no que se refire á zona da Compostela, os elementos terán que estar fabricados en materiais resistentes á exposición á intemperie nun medio mariño; valorándose en émbolos dous casos aqueles materiais que faciliten o mantemento posterior, teñen a máxima resistencia aos actos vandálicos e estean protexidos con produtos anti grafiti.

O prazo de presentación de ofertas abrirase o día seguinte á publicación do anuncio de licitación no BOP, previsiblemente a semana que ven. En calquera caso, os pregos poderanse consultar a partir do venres no perfil do contratante da web municipal.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -