_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
Comeza a instalación do novo alumeado do parque fluvial da Coca

A iluminación do parque fluvial da Coca verase mellorada de xeito notable nos vindeiros días coa instalación de 38 novos farois. Operarios do servizo Eléctrico do Concello comezaron hoxe a colocar as luminarias que substituirán ás que faltaban ou foron estragadas polos vándalos. A actuación ten un custe de 20.000 euros que se financian con fondos municipais a través do Plan de Investimentos de 2015.
20.05.2015.- O concelleiro de Obras e servizos, Jesús Longa, explicou que para renovar e mellorar a iluminación do parque da Coca decidiuse aproveitar os pés de aceiro das anteriores luminarias que se completarán con novos farois de lámpadas led. Esta tecnoloxía, ademais de aumentar a intensidade lumínica consume menor enerxía que as luminarias tradicionais, polo que contribúe a aforrar no recibo da luz do Concello á vez que se mellora o servizo. Ademais, as cabezas elixidas están deseñadas con materiais e morfoloxía anti vandálicos.

As 36 luminarias distribuiranse ao longo do paseo que atravesa o parque fluvial. Unha vez rematada a actuación avaliarase si é preciso colocar algún foco máis entre as zonas axardinadas. A mellora da iluminación no Parque da Coca era unha necesidade xa que debido a acción dos vándalos había moitos puntos de luz rotos. Esta situación, unida á fisionomía e características do propio parque sumía á zona verde nunha escuridade xa dende o solpor, creando unha sensación de inseguridade polas noites.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -