_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
COMERCIO E INDUSTRIA
A Praza de Abastos e o mercado de Vilagarcía súmanse á campaña europea “Love Your Local Market”

A campaña de ámbito europeo “Love Your Market” chega estes días á Praza de Abastos e ao mercado de Vilagarcía a través dunha iniciativa posta en marcha pola Xunta coa colaboración de concellos e asociacións de comerciantes e na que participan 54 mercados públicos de Galicia. Co obxectivo de destacar o papel dos mercados retallistas nas cidades e potenciar a compra do produto local de calidade, a Praza de Vilagarcía desenvolverá cada martes e sábado actividades publicitarias e repartirá material promocional entre a clientela. A campaña tamén se poderá seguir a través das redes sociais.
18.05.2015.- A iniciativa posta en marcha o pasado sábado e na Praza e Mercadiño de Vilagarcía baixo o lema de “Quere ao teu mercado” pretende lembrar aos cidadáns a importancia de mercar no mercado local e facer visible a calidade do produto galego presente no mercado público, así omo a profesionalidade dos praceiros e praceiras.

Fotocall cos corazóns

Para acadar este obxectivo os praceiros xa contan con mandís con logo e lema da campaña e tamén se lles facilitaron 4.000 banderíns para decorar as instalacións. Tamén s e instalará na Praza un fotocall composto por corazóns que ilustran a publicidade a efectos de que se fotografen clientes e vendedores. E cada sábado e martes entre o 15 e o 30 de maio, os responsables da praza e os praceiros distribuirán entre a clientela material promocional da campaña como bolsas de algodón para levar a compra, piruletas en forma de corazón e globos.

Unha App propia e publicidade nas redes sociais
As novas tecnoloxías xogan un papel importante na realización da campaña “Quere ao teu mercado”. De feito, porase en marcha unha app que permitirá localizar os mercados participantes e realizar un paseo virtual polos máis destacados, comezando a modo de experiencia piloto polo de Santiago de Compostela. Tamén se crearán páxinas de facebook e instagram e haberá un twitter da campaña, a demais dunha web específica con contidos diversos e información sobre a campaña e as súas actividades.
http://www.facebook.com/queroteumercado
Instagram: queroeeumercado
http://queroteumercado.gal

Clausura o 30 de maio, Día do Mercado

O colofón da campaña será o sábado 30 de maio, data elixida como Día do Mercado, para cuxa conmemoración resérvanse as principais actividades promocionais.

Elemento dinamizador da cidade e da produción de produtos autóctonos

Ademais de salientar a o papel dinamizador e revitalizador dos centros urbanos onde se asentan os mercados públicos como o de Vilagarcía, con esta campaña tamén se quere insistir en que mercar neles é garantía de calidade, de bo servizo e de atención personalizada. Ademais, comprando neles contribúese á potenciar a economía local fomentando o consumo de produtos galegos que tamén axudan a levar unha dieta saudable e equilibrada.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -