_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TRÁFICO
Os vehículos só poderán circular por un lado da rotonda de Carril a partir das seis da tarde de mañá

Os actos das festas de San Fidel que se desenvolven esta fin de semana en Carril implicar a realización dun operativo especial de tráfico que afectará principalmente ás zonas de estacionamento, e de xeito puntal á circulación rodada. Para permitir a instalación dos escenarios para a verbena do venres haberá que cortar un dos carrís da rotonda da Praza da Liberdade, polo que os vehículos terán que circular en ámbolos dous sentidos polo carril oposto.
26.03.2015.- A medida prolongarase dende ás seis da tarde do venres, cando comecen a situarse os dous trailers das orquestras, ata as sete da mañá do sábado, cando está previsto que conclúan as tarefas de recollida dos escenarios e retirada dos camións.

Esta será a única limitación do tráfico na rotonda, xa que as verbenas e actividades dos días seguintes non afectarán á travesía principal. A comisión de festas de San Fidel solicitou colaboración ao Concello que, a través da Concellería de Tráfico, se encargou de xestionar os permisos para o corte do carril da rotonda ante a Xunta de Galicia, titular da vía e ante a Dirección Provincial de Tráfico. Policía Local e persoal do Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil encargaranse de controlar a situación.
Debido a existencia dun único carril para ambos sentidos da circulación, quedará prohibido o paso de vehículos de máis de 3.500 quilos que poderían quedar atrancados á altura da rotonda. Estes deberán desviarse pola circunvalación para o cal a Policía instalará a sinalización pertinente nos cruces apropiados para avisar aos condutores. Tamén se dou aviso á empresa de transportes Pereira para que o teñan en conta á hora de prestar os seus servizos habituais.
A circulación pola vía que conduce a Catoira quedará completamente restablecida o sábado e o domingo. Os cambios para eses días afectan en exclusiva ao aparcamento posterior da lonxa, onde se instalarán dende o venres as atraccións de feira. Tampouco se poderá circular nin estacionar en toda a Praza da Liberdade, epicentro dos actos festivos.
O acceso de vehículos ao porto córtase neste punto establecéndose como alternativa a Rúa Lucena (á que enlaza co Paseo Marítimo polo Hotel Carril) e continuar cara a lonxa pola Rúa da Cruz).

En cato ás alternativas de aparcamento, a Policía recomenda utilizar as bolsas de estacionamento da zona da capela dos Anxos e da urbanización da Tomada, cuxos accesos estarán convenientemente sinalizados.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -