_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
XUVENTUDE
Éxito total do Obradoiro de Maxia ofertado por Xuventude, que organiza unha quenda de tarde

O Obradoiro de Maxia ofertado pola Concellería de Xuventude para Semana Santa causou sensación entre os rapaces de 8 a 16 anos aos que se dirixe a actividade. Tratábase da primeira experiencia deste tipo que ofertaba o departamento que dirixe Sandra García, polo que a modo de proba ofertáronse 24 prazas. A inscrición foi xusto o triplo, 72 rapaces e rapaces que a edil non quixo desilusionar, polo que decidiu admitilos a todos organizando unha quenda de mañá e outra de tarde.
26.03.2015.- Xuventude optou este ano por ofertar unha actividade socio educativa coa que ampliar as posibilidades de conciliación das familias durante as vacacións escolares de Semana Santa. Dado que xa hai moitos anos que se desenvolven ludotecas para nenos de 3 a 7 anos, e en vista da problemática que expoñían as familias con irmás de máis idade, decidiuse organizar unha actividade destinada a este sector da poboación xuvenil, como as restantes, de carácter gratuíto para o usuario. O reto era lograr que a actividade proposta contara co suficiente atractivo como para lograr que os mozos distas idades decidiran apuntarse.

E, como por arte de maxia, o obradoiro foi todo un éxito. O número de inscricións presentadas en prazo e que cumpren os requisitos establecidos nas bases acadou as 72. Para que todos os rapaces poidan satisfacer a súa ansia de dominar a maxia, os trucos e o ilusionismo, ao final haberá dous obradoiros con 36 participantes cada un. Celebraranse no Auditorio os días 30 e 31 de marzo e 1 de abril, un grupo en horario de mañá (de 10:30 a 13:30 horas) e outro en horario de tarde (de 17 a 20 horas). As listas publicáronse hoxe na web municipal.

Dous xóvenes magos ensinaranlle os seus trucos

Os Obradoiros serán impartidos por dous ilusionistas profesionais que, pese a contar xa cunha ampla traxectoria, son moi novos, o que sen dúbida contribuirá a unha mellor conexión cos participantes. Trátase do Mago Xacobe e de Pedro Bugarín, ilusionistas profesionais con ampla traxectoria e especialistas en docencia máxica infantil. Pedro Bugarín é un coñecido mago galego especialista en docencia máxica e en espectáculos familiares. Con tan só 23 anos posúe unha gran experiencia no campo das actividades infantís e no mundo dos espectáculos de maxia para eventos e celebracións.

O Mago Xacobe é un dos ilusionistas galegos máis recoñecidos grazas ás súas intervencións en programas de televisión como Luar, Supermartes, Pasarela de Estrelas, Tardes con Ana, Pequeno Gran Show ou Desexos Cumpridos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -